Lesbia Yaneth Urquía, nada en Marcala, A Paz en 1967 e finada o 6 de xullo de 2016, foi activista dos dereitos humanos en Honduras. Era unha defensora do medio ambiente.[1][2][3]

Infotaula de personaLesbia Urquía
Biografía
Nacemento(es) Lesbia Yaneth Urquía Editar o valor em Wikidata
1967 Editar o valor em Wikidata
Morte2016 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Causa da mortehomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHonduras Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónActivista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata

Páxina webcopinh.org Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ela era unha dirixente comunitaria do Consello Cívico de Organizacións Populares e Indíxenas de Honduras, Copinh, a mesma organización á que pertencía Berta Cáceres. Urquía opúñase ás privatizacións dos ríos, porque son desviados e deixan de dar auga ás comunidades indíxenas. Ademais as represas promoven a deforestación destas zonas polas empresas e afectan á flora e fauna destas terras. Ela combatera a construción dunha presa hidroeléctrica de investidores internacionais na Paz.[1] Os lencas consideraban que as presas afectarían o seu acceso a auga, comida e materiais para medicinas, polo que o seu modo de vida tradicional sería posto en perigo.[4] A construción desta presa fixo que o río Gualcarque deixase de fornecerlles auga.[5]

O 6 de xullo de 2016 atoparon o seu cadáver na cidade de Marcala, cerca do vertedoiro.[6] Foi asasinada dun machetazo na cabeza por dous sicarios.[5] O Consello responsabilizou pola morte ao goberno, especificamente á presidenta do Partido Nacional e o seu esposo.[2]

Urquía tiña tres fillos e 49 anos ao momento de ser asasinada.[7]

Entre 2006 e 2016 foron asasinados 114 activistas ambientais en Honduras.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Redacción (8 de xullo de 2016). "El brutal asesinato en Honduras de Lesbia Urquía, activista ambientalista compañera de la fallecida Berta Cáceres". BBC News Mundo (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Ahrens, Jan Martínez (8 de xullo de 2016). "Asesinada en Honduras otra dirigente ecologista, compañera de Berta Cáceres". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  3. Gómez-Barris, Macarena (3 de novembro de 2017). The Extractive Zone: Social Ecologies and Decolonial Perspectives (en inglés). Duke University Press. ISBN 9780822372561. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  4. Malkin, Elisabeth; Arce, Alberto (3 de marzo de 2016). "Berta Cáceres, indigenous activist, is killed in Honduras". The New York Times. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 Berumen, Sergio A. (19 de xaneiro de 2018). ¿Cañones o mantequilla? Respuestas de economía para no economistas (en castelán). ESIC. ISBN 9788417129460. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  6. Janssen, Sarah (6 de decembro de 2016). The World Almanac and Book of Facts 2017 (en inglés). Simon and Schuster. ISBN 9781600572074. Consultado o 21 de decembro de 2018. 
  7. Verbos, Amy Klemm; Henry, Ella; Peredo, Ana Maria (20 de xullo de 2017). Indigenous Aspirations and Rights: The Case for Responsible Business and Management (en inglés). Routledge. ISBN 9781351270168. Consultado o 21 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar