Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo

enxeñeiro e político español
(Redirección desde «Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo»)

Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, nado en Madrid o 14 de abril de 1926 e finado en Pozuelo de Alarcón, Madrid, o 3 de maio de 2008, foi un enxeñeiro e político español, Marqués da Ría de Ribadeo.

Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo
Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo

25 de febreiro de 1981 – 1 de decembro de 1982
Monarca Juan Carlos I
Precedido por Adolfo Suárez González
Sucedido por Felipe González Márquez

Datos persoais
Nacemento 14 de abril de 1926 Madrid, España
Falecemento 3 de maio de 2008 (82 anos) Pozuelo de Alarcón (Madrid), España España
Partido Unión de Centro Democrático (UCD)
Cónxuxe/s Pilar Ibáñez-Martín Mellado
Profesión Enxeñeiro de camiños, político

Na rede
Dialnet: 69745 WikiTree: Calvo_Sotelo-12 Find a Grave: 26591600 Editar o valor em Wikidata
Tumba no cemiterio de Ribadeo.

Traxectoria editar

Fillo de Leopoldo Calvo Sotelo. Rematou os seus estudos de enxeñeiro de camiños en 1951, pasando a ocupar cargos de directivo en RENFE (chegou a ser presidente desta empresa). Máis tarde foi nomeado conselleiro delegado de Unión de Explosivos Riotinto S.A. Posteriormente foi elixido procurador en Cortes como representante dos empresarios de industrias químicas, posto que ocuparía durante catro anos, até que en 1975 foi nomeado Ministro de Comercio durante a presidencia de Adolfo Suárez. Durante o goberno deste, desempeñou diversos cargos: Ministro de Obras Públicas, Ministro de Relacións coas Comunidades Europeas e Vicepresidente Segundo para asuntos económicos. En febreiro de 1981 foi investido Presidente do Goberno, tras a dimisión de Adolfo Suárez.

Durante a votación da súa candidatura para Presidente do Goberno (23 de febreiro de 1981), entraron no Parlamento varios gardas civís, que baixo o mando do tenente coronel Antonio Tejero pretendían dar un golpe de Estado militar. Este golpe foi abortado. O goberno de Calvo Sotelo nacía nunhas datas nas que as manifestacións populares contra a involución política, o paro e a debilidade da coalición política permanente protagonizaban a actividade pública española.

Durante o seu mandato, España uniuse á OTAN, que foi moi criticada polo PSOE.

Era tío de Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo (exministra de Educación), e sobriño de José Calvo Sotelo, quen fora Ministro de Facenda durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera.

Relacións con Galicia editar

Aínda que nado en Madrid, os seus tíos naceron en Galicia (Joaquín na Coruña e José en Tui como o seu pai), polo que Leopoldo Calvo-Sotelo conservaba un forte vencello coa vila de Ribadeo. Alí pasou parte da súa infancia, alí estudou o bacharelato e alí acudía tamén nos veráns. O rei Xoán Carlos I, o 24 de xuño de 2002, concedeulle o título de Marqués da Ría de Ribadeo con grandeza de España, creado a pé feito para el.[1]

Os seus restos mortais descansan no camposanto de Ribadeo.

Obras editar

  • 1990, Memoria viva de la transición. Madrid: Plaza & Janés/Cambio 16 ISBN 9788478630103
  • 1999, Papeles de un cesante desde la barrera. Madrid: Galaxia Guttemberg. ISBN 9788481092349
  • 2003, Pláticas de familia, 1878-2003. Madrid: La Esfera de los libros. ISBN 9788497341479


Predecesor:
José Luis Cerón Ayuso
 Ministro de Comercio de España 
1975 - 1976
Sucesor:
José Lladó Fernández-Urrutia


Predecesor:
Antonio Valdés González-Roldán
 Ministro de Obras Públicas de España 
1976 - 1977
Sucesor:
Carlos Pérez de Bricio Olariaga


Predecesor:
Novo cargo
 Ministro de Relacións coas Comunidades Europeas de España 
1978 - 1980
Sucesor:
Eduard Punset Casals


Predecesor:
Fernando Abril Martorell
 Vicepresidente Segundo do Goberno de España 
1980 - 1981
Sucesor:
Cargo suprimido


Predecesor:
Adolfo Suárez
 Presidente do Goberno de España 
1981 - 1982
Sucesor:
Felipe González

Notas editar

  1. Quelle, J.A. (28 de maio de 2008). "El marquesado de la Ría de Ribadeo pervivirá tras fallecer Calvo-Sotelo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar