Lentisferas
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Lentisphaerae
Clases

Lentisphaeria

As lentisferas ou Lentisphaerae (en grego esferas pegañentas) son un filo de bacterias estreitamente relacionadas coas Chlamydiae e as Verrucomicrobia.[1][2] Os membros do grupo poden ser aerobios ou anaerobios e viven en animais, augas doces e mariñas. Algúns viven anaerobicamente no intestino de mamíferos e aves. Dos mariños atopáronse secuencias xenéticas en peixes, corais e sedimentos mariños.

O filo foi definido pola análise filoxenetica do ARNr 16S. O filo inclúe dous xéneros, Lentisphaera e Victivallis, ambos os dous cocos gramnegativos quimioorganotrofos, que se nutren de azucres como monosacáridos, disacáridos, azucres alcohois, ou azucres ácidos, e producen un material limoso extracelular pegañento.[3]

Taxonomía editar

Véxase tamén: Taxonomía bacteriana.

O grupo pode clasificarse nunha clase con dúas ordes, familias e xéneros:[4]Clase Lentisphaeria

  • Orde Lentisphaerales Cho et al. 2004
  • Orde Victivallales Cho et al. 2004
    • Familia Victivallaceae

Notas editar

  1. Cho J, Vergin K, Morris R, Giovannoni S (2004). "Lentisphaera araneosa gen. nov., sp. nov, a transparent exopolymer producing marine bacterium, and the description of a novel bacterial phylum, Lentisphaerae". Environ Microbiol 6 (6): 611–21. PMID 15142250. doi:10.1111/j.1462-2920.2004.00614.x. 
  2. Limam RD, Bouchez T, Chouari R; et al. (2010). "Detection of WWE2-related Lentisphaerae by 16S rRNA gene sequencing and fluorescence in situ hybridization in landfill leachate". Can. J. Microbiol. 56 (10): 846–52. PMID 20962908. doi:10.1139/w10-065. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2012. Consultado o 03 de xullo de 2012. 
  3. Phylum XXII. Lentisphaerae Cho, Vergin, Morris and Giovannoni 2004a, 1005VP (Effective publication: Cho, Vergin, Morris and Giovannoni 2004b, 617.) Bergey's Manual of Systematic Bacteriology. 2010, pp 785-793 Brian P. Hedlund, Jang-Cheon Cho, Muriel Derrien, Kyle C. Costa [1]
  4. J.P. Euzéby. "Lentisphaerae". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2013. Consultado o 3 xullo 2012.