Lenín Moreno
Lenín Boltaire Moreno Garcés[1][2] nado en Nuevo Rocafuerte o 19 de marzo de 1953, é un político e administrador ecuatoriano, que ocupo o cargo de presidente da República de Ecuador entre 2017 e 2021.[3] Anteriormente ostentara o cargo de vicepresidente entre 2007 e 2013 durante o goberno de Rafael Correa.
Nome orixinal | (es) Lenín Boltaire Moreno Garcés |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de marzo de 1953 (71 anos) New Rocafuerte (Ecuador) |
Presidencia de Ecuador | |
24 de maio de 2017 – 24 de maio de 2021 ← Rafael Correa – Guillermo Lasso → Electo en: 2017 Ecuadorian presidential election (en) | |
President of PAIS Alliance (en) | |
1 de maio de 2017 – 1 de marzo de 2021 ← Rafael Correa | |
Special Envoy of the Secretary-General (en) | |
19 de decembro de 2013 – 30 de setembro de 2016 – María Soledad Cisternas (en) → Nomeado por: Ban Ki-moon | |
Vice-presidente do Equador (pt) | |
15 de xaneiro de 2007 – 24 de maio de 2013 ← Alejandro Serrano Aguilar (en) – Jorge Glas (pt) → | |
Datos persoais | |
Residencia | Asunción |
País de nacionalidade | Ecuador |
Ideoloxía política | Progresismo |
Educación | Universidade Central do Equador (pt) - administración pública Unidad educativa Mejia (en) sen valor - bacharelato |
Actividade | |
Ocupación | político , escritor , empresario |
Empregador | ONU (2013–2016) Ministry of Public Health (en) (2001–2004) Ministry of Government of Ecuador (en) (1996–1997) |
Partido político | político independente (2021–) MOVER (2006–2021) Acción Popular Revolucionaria (en) (década de 1990–década de 1990) Movimiento de Izquierda Revolucionaria (en) (década de 1970–década de 1970) |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua inglesa |
Participou en | |
20 de xaneiro de 2020 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 |
6 de setembro de 2019 | Pacto de Leticia pela Amazônia (pt) |
22 de xaneiro de 2019 | Encontro Anual do Forum Económico Mundial de 2019 |
Familia | |
Cónxuxe | Rocío González Navas (1974–) |
Premios
| |
Páxina web | presidencia.gob.ec |
Traxectoria editar
Naceu o 19 de marzo de 1953 na cidade amazónica Nuevo Rocafuerte, na provincia de Napo Pastaza, agora parte da provincia de Orellana, preto da fronteira co Perú e Colombia, no seo dunha familia humilde que percorreu o país pois os seus pais eran directores de escolas públicas.[3] O seu pai, Servio Tulio Moreno, foi senador e deputado pola provincia de Ambato en 1994 polo partido populista Concentración de Forzas Populares. A súa avoa materna era de nacionalidade peruana.[4]
O 3 de xaneiro de 1998, logo dun asalto nos exteriores da panadaría, situada na Avenida América, fronte a Teleamazonas, ó norte da cidade de Quito, foi vítima do disparo de delincuentes que querían roubar o seu vehículo, perdendo a mobilidade de ambas as pernas.
Carreira política editar
Moreno iniciou a súa vida política cando era estudante na Universidade Central do Ecuador, ó ser parte do Movemento de Esquerda Revolucionaria (MIR), formando parte das protestas contra o triunvirato militar pola alza do 40 % das pasaxes dos buses urbanos e demandando o retorno á democracia nun episodio coñecido como a Guerra dos Catro Reais.[5] Moreno posteriormente apoiou as primeiras candidaturas de Rodrigo Borja, foi parte do partido populista de esquerda APRE xunto a Gustavo Larrea nos 90, o que lle permitiu acceder ao goberno de Abdalá Bucaram como funcionario logo de estabelecerse a alianza con Frank Vargas Pazzos, ministro de Goberno de Bucaram.[6] No ano 2002, Moreno apoiou a candidatura de Jacinto Velásquez e colaborou na súa campaña.[5] No 2006, o seu nome foi proposto á Vicepresidencia da República por antigos membros do MIR ó movemento Alianza PAIS, sendo aceptado polo seu candidato presidencial, Rafael Correa.[6]
Nas eleccións presidenciais do 2006, Rafael Correa foi elixido como Presidente da República e Moreno como vicepresidente, asumindo no 2007, cargo ó que foi reelixido para o período 2009-2013 nas eleccións do 2009. O seu nome foi proposto por organizacións sociais e por parte do goberno do Ecuador ó Premio Nobel da Paz no 2012 e foi elixido presidente do Comité para a Eliminación de Todas as Formas de Discriminación contra as Discapacidades (CEDDIS) da Organización dos Estados Americanos (OEA).
Unha vez que Lenin Moreno decidiu non postularse a unha nova reelección como vicepresidente de Rafael Correa, o secretario xeral da Organización das Nacións Unidas designouno en decembro de 2013 como o seu enviado especial sobre Discapacidade e Accesibilidade, mandato que se renovou xa en dúas ocasións e cuxa sede está en Xenebra, Suíza.
No ano 2017 gañou as eleccións presidenciais do 2017, elixido candidato por Alianza PAIS para suceder a Correa, converténdose no 44° Presidente Constitucional do Ecuador, iniciando o seu período o 24 de maio de 2017.
Notas editar
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2020. Consultado o 07 de xuño de 2019.
- ↑ "Lenín Moreno, el hombre que decidió volver a vivir". Vistazo. 1 de marzo de 2017. Consultado o 9 de maio de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 "Elecciones en Ecuador: quién es Lenín Moreno, el rostro conciliador que sucederá a Rafael Correa". Consultado o 9 de maio de 2017.
- ↑ "Lenín Moreno: Todo lo que dijo sobre el Perú en su visita a Lima". Consultado o 10 de maio de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 "Lenín Moreno, el hombre que decidió volver a vivir". Vistazo. 1 de marzo de 2017. Consultado o 11 de xullo de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 "PERFIL: Lenín Moreno ha navegado entre lo público y lo privado". Consultado o 11 de xullo de 2017.