Leite Noso é unha sociedade limitada de gandeiros galegos, constituída o 28 de agosto de 2015, para recoller e distribuír leite no mercado de xeito directo.

Leite Noso
Logo
TipoSociedade de responsabilidade limitada
Data de fundación28 de agosto de 2015
Presidente/aPatricia Sánchez Lorenzo (2015-) Editar o valor em Wikidata
Localización
EnderezoRúa República Checa 52 - P.E. Costa Vella, 15707
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://www.deleite.gal/
Facebook: DeleiteGalegoLeiteNoso Twitter: deleitegalego Instagram: deleitegalego Youtube: UCBcAWPLzIbu-i74i9K5RfKw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A sociedade foi constituída en agosto de 2015 cun capital de 3000 euros. Esta domiciliada no polígono industrial Costa Vella en Santiago de Compostela e presidida por Patricia Sánchez Lorenzo.

En setembro adxudicouse nunha poxa, por 670000 euros, as marcas Deleite e Muuu, da extinta compañía Alimentos Lácteos.[1] Para distribuílas, a empresa conta cun acordo de subministración de leite crú coa organización de produtores Ulega, constituída por máis de 2.000 gandeiros. E para o envasado, con outro con Logística Alimentaria, a propietaria da antiga planta de Alimentos Lácteos en Outeiro de Rei.[2]

En canto a imaxe corporativa, é de destacar o compromiso de Leite Noso coa lingua e a cultura galega.[3]

Notas editar

  1. Galego, Campo (2015-09-18). "Leite Noso faise coas marcas comerciais de Alimentos Lácteos". Campo Galego. Consultado o 2022-05-06. 
  2. Galego, Campo (2015-09-19). "Gandeiros galegos envasarán coas marcas Deleite e Muuu". Campo Galego. Consultado o 2022-05-06. 
  3. "Coa cultura". www.deleite.gal. Consultado o 2022-05-09. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar