Non confundir co asteroide chamado 38 Leda.

Leda (ou en grego Λήδα), tamén coñecida coma Xúpiter XIII, é unha lúa irregular de movemento directo do planeta Xúpiter. Foi descuberta por Charles T. Kowal no Observatorio de Monte Palomar o 14 de setembro de 1974, despois de tres noites moi proveitosas sacando placas fotográficas (do 11 de setembro ó 13; Leda aparece en placas de tódolos días).[1][4] Recibiría o nome de Leda, que era amante de Zeus, o equivalente de Xúpiter na mitoloxía grega (o cal lle aparecería en forma de cisne). Kowal suxeriu este nome e a UAI asignaríallo a lúa no ano 1975.[5]

Leda
Descubrimento
Descuberta por Charles Kowal
Descuberta no 11 de setembro de 1974[1]
Designación alternativa Xúpiter XIII
Características orbitais
Raio orbital medio 11 160 000 km[2]
Excentricidade 0,16[2]
Período orbital 240,92 d (0,654 a)[2]
Inclinación 27,46° (respecto da eclíptica)
29,01° (respecto do ecuador de Xúpiter)[2]
Velocidade orbital 3,4 km/s
Satélite de Xúpiter
Características físicas
Raio medio 10 km
Área superficial ~1250 km²
Volume ~4200 km³
Masa ~1,1 x 1016 kg
Densidade media 2,6 g/cm3 asumida
Gravidade superficial ~0,0073 m/s² (0,001 g)
Velocidade de escape ~0,012 km/s
Albedo 0,04 asumido
Magnitude 20,2 [3]
Temperatura ~124 K

Leda pertence ó grupo de satélites Himalia, cinco lúas que orbitan Xúpiter a unha distancia de entre 11 a 13 millóns de quilómetros cunha inclinación de aproximadamente 27,5°.[2] Os elementos orbitais amosados neste artigo son de xaneiro do 2000, pero estes datos están en continuo cambio debido ás perturbacións causadas polo Sol e Xúpiter.

Na ficción editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Kowal, C. T.; Aksnes, K.; Marsden, B. G.; e Roemer, E. (1974). "Thirteenth satellite of Jupiter". Astronomical Journal 80: 460–464. doi:10.1086/111766. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Jacobson, R. A. (2000). "The orbits of outer Jovian satellites". Astronomical Journal 120: 2679. doi:10.1086/316817. 
  3. "Leda Statistics". Consultado o 01-10-2007. 
  4. IAUC 2702: Probable New Satellite of Jupiter setembro de 1974 (descubrimento)
  5. Marsden, B. G. (7 de outubro de 1974). "Satellites of Jupiter". IAUC Circular 2846. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar