Leck mich im Arsch

Leck mich im Arsch, que traducido a galego viría sendo bícame/lámbeme no cu, é unha composición en si bemol maior, K. 231/382c, un canon composto por Wolfgang Amadeus Mozart, con letra de autor descoñecido. Forma parte dunha serie de polo menos seis canons probabelmente escritos en Viena contra o ano 1782[1]. Foi composto para ser cantado por seis voces como unha rolda en tres partes. Crese que é unha peza escrita como divertimento para as amizades do compositor austríaco.

Mozart, autor da peza.

Notas editar

  1. Eisen, Grove Dictionary of Music and Musicians.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar