Leandro Barbosa

baloncestista brasileiro

Leandro Mateus Barbosa, nado en São Paulo o 28 de novembro de 1982, é un ex xogador profesional brasileiro de baloncesto. Xogaba nas posicións de escolta e base e representou á selección brasileira.

Leandro Barbosa
Información persoal
Nacemento 28 de novembro de 1982 (41 anos)
São Paulo
Nacionalidade Brasil
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)[1]
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Escolta / Base
Información da carreira
NBA Draft 2003 / Rolda: 1 / Elección: 28
Por San Antonio Spurs
Carreira 1999–2020
Historial de equipos
Palmeiras (1999–2001)
Tilibra/Bauru (2001–2003)
Phoenix Suns (2003–2010)
Toronto Raptors (2010–2012)
Flamengo (2011)
Indiana Pacers (2012)
Boston Celtics (2012–2013)
Esporte Clube Pinheiros (2013–2014)
Phoenix Suns (2014)
Golden State Warriors (2014–2016)
Phoenix Suns (2016–2017)
Franca (2017–2018)
Minas (2018–2020)
Premios e galardóns
Campión NBA (2015)
Mellor Sexto Home da NBA (2007)

Traxectoria editar

Barbosa foi seleccionado na 28ª posición do Draft da NBA de 2003 polos San Antonio Spurs, pero os seus dereitos foron adquiridos polos Phoenix Suns nun traspaso a cambio dunha futura elección protexida de primeira rolda. Barbosa posúe o marca máis alta dos Suns de puntos anotados por un rookie no seu primeiro partido coma titular, con 27 puntos o 5 de xaneiro de 2004 contra os Chicago Bulls.[2] Tamén posué o récord de triplas anotadas por un rookie en partidos consecutivos, cando anotou polo menos unha tripla durante dez partidos seguidos dende o 2 de xaneiro ó 19 de xaneiro.[2]

Durante a tempada 2006-07, Barbosa acadou 18.1 puntos, 2.7 rebotes, 4.0 asistencias e 32.7 minutos por partido, malia saír dende o banco.[3] Isto fíxolle ser elixido Sexto Home da Tempada da NBA.

O 20 de febreiro de 2009, anotou 41 puntos, a anotación máis alta da súa carreira, contra os Oklahoma City Thunder.

Despois sería traspasado ós Toronto Raptors xunto a Dwayne Jones a cambio de Hedo Türkoğlu. Durante a súa estancia en Toronto, Barbosa aumentou a súa anotación con respecto á súa derradeira tempada en Phoenix. Durante a tempada 2011-12, foi traspasado ós Indiana Pacers a cambio dunha futura elección de segunda rolda do Draft. Alí se reuniu co seu antigo compañeiro nos Suns Louis Amundson, e os dous axudaron a Indiana a chegar á segunda rolda dos playoffs onde perderon contra os Miami Heat.

O 18 de outubro de 2012, Barbosa asinou cos Boston Celtics.[4]

O 21 de febreiro de 2013, Barbosa foi traspasado ós Washington Wizards xunto a Jason Collins a cambio de Jordan Crawford.[5]

O 14 de setembro de 2020, Barbosa anunciou a súa retirada coma xogador profesional.[6]

Estatísticas NBA editar

Tempada regular editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2003-04 Phoenix 70 21.4 .447 .395 .770 1.8 2.4 1.3 0.1 7.9
2004-05 Phoenix 63 17.3 .475 .367 .797 2.1 2.0 0.5 0.1 7.0
2005-06 Phoenix 57 27.9 .481 .444 .755 2.6 2.8 0.8 0.1 13.1
2006-07 Phoenix 80 32.7 .476 .434 .845 2.7 4.0 1.2 0.2 18.1
2007-08 Phoenix 82 29.5 .462 .389 .822 2.8 2.6 0.9 0.2 15.6
2008-09 Phoenix 70 24.4 .482 .375 .881 2.6 2.3 1.2 0.1 14.2
2009-10 Phoenix 44 17.9 .425 .324 .877 1.6 1.5 0.5 0.3 9.5
2010-11 Toronto 58 24.1 .450 .338 .796 1.7 2.1 0.9 0.1 13.3
2011-12 Toronto 42 22.5 .436 .360 .835 1.9 1.5 0.9 0.2 12.2
2011-12 Indiana 22 19.8 .399 .424 .758 2.2 1.5 0.9 0.0 8.9
2012-13 Boston 41 12.5 .430 .383 .756 1.1 1.4 0.4 0.1 5.2
Total 629 23.8 .460 .391 .821 2.2 2.4 0.9 0.1 12.0

Playoffs editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2004-05 Phoenix 12 9.7 .343 .400 .500 1.4 1.0 0.2 0.0 2.5
2005-06 Phoenix 20 31.6 .470 .391 .862 1.6 2.7 0.8 0.2 14.2
2006-07 Phoenix 11 31.7 .405 .305 .718 3.5 2.2 1.1 .2 15.8
2007-08 Phoenix 5 28.6 .345 .222 .909 4.0 1.8 0.6 0.0 10.4
2009-10 Phoenix 16 15.6 .417 .343 .708 1.3 1.3 0.3 0.1 7.2
2011-12 Indiana 11 20.3 .370 .150 .500 2.2 1.3 0.4 0.1 5.7
Total 75 22.9 .417 .322 .764 2.0 1.8 0.6 0.1 9.6

Notas editar

  1. [1]
  2. 2,0 2,1 "Leandro Barbosa: Bio". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2010. Consultado o 6 de decembro de 2010. 
  3. "Leandro Barbosa Info Page". NBA.com. Consultado o 6 de decembro de 2010. 
  4. Celtics sign Barbosa
  5. "Celtics Acquire Jordan Crawford". NBA.com. 2013-02-21. Consultado o 2013-02-22. 
  6. Leandro Barbosa retires, returns to Warriors as player mentor coach

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar