Le comte Ory (en galego, O conde Ory) é unha ópera buffa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en francés de Eugène Scribe e Charles-Gaspard Delestre-Poirson, segundo o seu vodevil Le Comte Ory do ano 1817, inspirado á súa vez nunha balada medieval. Foi estreada no Théâtre de l'Académie Royale de Musique de París o 20 de agosto de 1828.[2]

Le comte Ory
O conde Ory
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoFrancés
LibretistaScribe e Delestre-Poirson
Fontes literariasSegundo a obra dos libretistas de 1816 inspirada nunha balada medieval[1]
Estrea20 de agosto de 1828
Teatro da estreaThéâtre de l'Académie Royale de Musique[2]
Lugar da estreaParís
Duración2 horas 15 minutos[2]
Música
CompositorGioachino Rossini
Localización da partituraBiblioteca da Ópera, París (só o Prélude)
Personaxes

Conde Ory (tenor)
Adèle (soprano)
Isolier (mezzosoprano)
Raimbaud (barítono)
Tutor (baixo)
Ragonde (mezzosoprano)[2]

Parte da música procede da súa ópera Il viaggio a Reims escrita tres anos antes para a coroación de Carlos X.[3] A obra é ostensiblemente unha ópera cómica no sentido de que a historia é humorística, mesmo pura farsa. Non obstante, pensouse máis na Opéra que no Teatro da Opéra-Comique e hai inconsistencias estruturais co xénero contemporáneo da opéra comique: mentres que esta última está formada por números líricos relativamente curtos e diálogo falado, Le comte Ory está formado por "altamente desenvolvidas, mesmo macizas formas musicais unidas por recitativo acompañado".[4] Aínda que a ópera contén parte da escritura orquestral máis colorida de Rossini, a pintoresca e breve abertura é estrañamente contida e sen pretensións, acabando cun murmurio de cordas en pizzicato.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 20 de agosto de 1828
(Director: François Antoine Habeneck)
Conde Ory Tenor Adolphe Nourrit
Tutor Barítono Nicolas Levasseur
Isolier Mezzosoprano Constance Jawureck
Raimbaud Barítono Henri-Bernard Dabadie
Adèle, condesa de Formoutiers Soprano Laure Cinti-Damoreau
Ragonde Mezzosoprano Mori
Alice Soprano
Primeiro cabaleiro Tenor Alexis Dupont
Segundo cabaleiro Barítono Jean-Étienne-August Eugène Massol
Terceiro cabaleiro Barítono Henri-Bernard Dabadie el joven
Cuarto cabaleiro Barítono Ferdinand Prévôt
Coro dos cabaleiros de Ory, damas, cruzados, campesiños

Notas editar

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 138. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Guía visual de la Ópera, Espasa.
  3. Osborne, Charles, p.18.
  4. Holden, p. 793

Véxase tamén editar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.