Lawrence Lessig, nado o 3 de xuño de 1961 no estado do Dakota do Sur, é un xurista norteamericano de notoriedade internacional.

Lawrence Lessig
Nacemento3 de xuño de 1961
Lugar de nacementoRapid City
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Cambridge, Yale Law School, Trinity College, Wharton School e Loyalsock Township High School
Ocupaciónxurista, activista político, avogado, escritor de non ficción, informático teórico, político, catedrático e mestre
PremiosWebby Lifetime Achievement Award, FSF Award for the Advancement of Free Software, Berlin Prize, Scientific American 50 e Doutor honoris causa pola Universidade de Lund
Na rede
https://lessig.org e http://lessig2016.us
IMDB: nm2163781 Twitter: lessig TED: larry_lessig Spotify: 7asOm6ZhWN9WIZNrAfVjeC iTunes: 309320454 Musicbrainz: 7150174a-c412-4599-b46c-8dac20cf0232 Discogs: 438331 Deezer: 7035541 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou na Universidade de Pensilvania, no Trinity College (Cambridge) e na Universidade Yale. Foi profesor de Dereito en Harvard e na Universidade de Chicago.

Está considerado liberal progresista, se ben no seu momento foi asistente dos xuíces Richard Posner e Antonin Scalia, considerados conservadores.

En 2002 Lessig obtivo o FSF Award for the Advancement of Free Software da Free Software Foundation (FSF). O 28 de marzo de 2004 foi elixido para integrar a Xunta Directiva da FSF[1].

O concepto de "cultura libre" propúxoo no seu libro en su libro homónimo (Cultura libre). É un activo promotor do software libre e o espectro aberto[2].

Especialista de dereito político e de dereito da propiedade intelectual, é un importante defensor da liberdade sobre Internet e oponse a unha interpretación extensiva do dereito de autor que prexudica o potencial de creación e aos intercambios en liña. É unha das voces máis escoitadas nos debates sobre os límites do dereito de autor e sobre o desenvolvemento mundial de Internet.

Actualmente é profesor de dereito (C. Wendell and Edith M. Carlsmith Professor of Law) na Stanford Law School (Universidade Stanford, California) onde fundou o Center for Internet and Society. É o actual presidente de Creative Commons (2010), membro do Consello da Electronic Frontier Foundation e membro da Xunta Directiva do Software Freedom Law Center, creado en febreiro de 2005.

No 2015 anuncia a súa candidatura á presidencia dos USA polo Partido Demócrata tendo como obxectivo aprobar unha única lei, a Citizens Equality Act, tras o que dimitiría deixando a presidencia ó Vicepresidente que forme equipo con el.

Obra[3] editar

Notas editar

  1. Leadership of FSF (en inglés).
  2. "Spectrum Policy: Property or Commons? Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine.", artigo de Thomas Hazlett e Lawrence Lessig, 1 de marzo de 2003 (en inglés).
  3. Todas as obras da listaxe están baixos licenza CC e poden ser descargas da rede.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar