Lavinia

esposa de Eneas na mitoloxía romana

Lavinia é filla do rei Latino e de Amata. Estaba prometida con Turno antes da chegada de Eneas ó Lacio, pero o seu pai deuna en matrimonio ó troiano. No seu honor Eneas chama Lavinio a cidade fundada por el. Segundo unha tradición, da súa unión con Eneas naceu Ascanio, pero na Eneida, Ascanio é só o seu fillastro, xa maior cando Eneas chega ó Lacio. A Eneida non menciona ningún fillo de Lavinia e Eneas, pero os mitógrafos contan que, despois da morte deste, Lavinia deu a luz un fillo póstumo do heroe, chamado Silvio. Ascanio cedeu entón a cidade de Lavinio ó seu medio irmán, e partiu a fundar a de Alba, pero ao morrer sen fillos, deu o trono a Silvio. A tradición breve da fundación de Roma -a que suprime os reinados entre Eneas e Rómulo– presenta a Lavinia como a nai de Emilia, quen tivo un fillo de Marte: Rómulo. Finalmente, unha lenda da inspiración puramente grega conta que Lavinia era filla do sacerdote Anio, que seguira a Eneas como profetisa na viaxe a occidente e morreu no lugar onde o heroe fundou a cidade de Lavinia.

Lavinia