Laureano Poza Juncal
Laureano Poza Juncal, nado en Pontevedra en 1908 e finado na Cidade de México o 31 de xaneiro de 1996, foi un químico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1908 Pontevedra, España |
Morte | 31 de xaneiro de 1996 (87/88 anos) Cidade de México |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | químico , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Elisa Díaz Riva |
Pai | Joaquín Poza Cobas |
Irmáns | Joaquín Poza Juncal e Hernán Poza Juncal |
Traxectoria editar
Fillo de Joaquín Poza Cobas e de Pilar Juncal, estudou Químicas, licenciándose cun brillante historial académico e foi dirixente da FUE. Foi profesor de Química Industrial Orgánica e Análise Químico na Escola Industrial de Vigo. Socio do Centro Republicano de Pontevedra, militou en Acción Republicana e despois en Izquierda Republicana. Nas eleccións de febreiro de 1936 interveu en actos políticos na provincia de Pontevedra. Foi depurado en 1936 do seu posto de profesor. Exiliouse en México, onde foi profesor de Ciencias Químicas na Universidade Internacional e no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. Fixo investigacións coa urotropina e outros medicamentos. En México aproximouse ao grupo dos socialistas galegos exiliados, foi copatrocinador da revista Vieiros e publicou Pensamientos Filosóficos y Proyecciones Esotéricas.
Vida persoal editar
Casou con Elisa Díaz Riva.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312. Consultado o 2 de xaneiro de 2014.
Ligazóns externas editar
- "Orígenes de la masonería. Una realidad histórica" de Laureano Poza Juncal.