Laura Restrepo

escritora e xornalista colombiana

Laura Restrepo Casabianca, nada en Bogotá en 1950, é unha escritora colombiana.

Infotaula de personaLaura Restrepo

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1950 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Colombia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade dos Andes Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela e ensaio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Traxectoria editar

Graduouse en Filosofía e Letras na Universidade dos Andes e posteriormente fixo un posgrao en Ciencias Políticas. Foi profesora de Literatura na Universidade do Rosario. Dedicouse á política e ao periodismo. Compaxinou a militancia política coas súas actividades como escritora e xornalista, sendo nomeada en 1983 membro da comisión negociadora da paz entre o goberno e o grupo guerrilleiro M-19. En 2004 foi nomeada directora do Instituto de Cultura e Turismo de Bogotá, mais renunciou pouco despois tras ser galardoada co Premio de Novela Alfaguara.

Publicacións editar

  • Historia de un entusiasmo (1986).
  • La isla de la pasión (1989).
  • Las vacas comen espaguetis (1989). Literatura infantil.
  • En qué momento se jodió Medellín (1991). Ensaio.
  • Leopardo al sol (1993).
  • Otros niños (1993). Ensaio
  • Dulce compañía (1995).
  • La novia oscura (1999).
  • La multitud errante (2001).
  • Olor a rosas invisibles (2002).
  • Delirio (2004).

En colaboración editar

  • Once ensayos sobre la violencia (1985).
  • Operación Príncipe (1988). Xornalismo.
  • Del amor y del fuego (1991). Ensaio.