Lasius flavus

especie de insecto

Lasius flavus

Obrera de Lasius flavus
Clasificación científica
Reino: Animal
Clase: Insecto
Familia: Formicidae
Xénero: 'Lasius'
Especie: ''Lasius flavus''

Lasius flavus é unha especie de formiga da familia Formicidae que está moi estendida en Europa, pero tamén se atopa en Asia, África do norte e o leste de América do Norte.[1] As poboacións de Norteaméria son consideradas agora unha especie diferente, Lasius brevicornis.[2][3]

Descrición editar

As raíñas miden de 7 a 9 mm de longo, os machos de 3 a 4 mm e as obreiras de 2 á 4 mm. Estas formigas teñen cores que van do amarelo ao marrón, a raíña e os machos teñen dúas cores o amarelo e o negro. As obreiras de Lasius flavus son monomórfico, é dicir todos os membros son parecidos en forma.

Hábitat editar

Esta especie vive principalmente nos campos e prados húmidos, e baixo as pedras. Os formigueiros están totalmente baixo terra, e cubertos de herba, a entrada pódese observar que ten forma de montículo.

Formación dos formigueiros editar

Os voos nupciais prodúcense nos días máis calorosos de verán. Estas formigas son falsas polixínicas, é dicir, cando van construír un novo formigueiro varias raíñas xúntanse e fano. Conviven no mesmo formigueiro ata que nacen as primeiras obreiras, entón loitan entre elas ata que só quede unha, que será quen forme a colonia. Forman colonias pequenas, unha colonia madura pode ter uns 500 individuos. Aínda que, nalgúns casos, existen colonias interconectadas que poden chegar a ter 250 000 obreiras.[4]

Alimentación editar

Aliméntanse case exclusivamente da melaza secretada polos áfidos, que se reproducen nos refuxios subterráneos, aos que protexen doutras ameazas a cambio desta substancia nutritiva. Tamén comen pequenos insectos como as cochinillas ou larvas de mosca.[cita [Cómpre referencia]

Notas editar

  1. Lowland Grassland and Heathland Habitats (en inglés). Routledge. 2003-10-04. ISBN 9781134661251. 
  2. Schär, Sämi; Talavera, Gerard; Espadaler, Xavier; Rana, Jignasha D.; Andersen Andersen, Anne; Cover, Stefan P.; Vila, Roger (2018). "Do Holarctic ant species exist? Trans-Beringian dispersal and homoplasy in the Formicidae" 45 (8): 1917–1928. doi:10.1111/jbi.13380. 
  3. Bugguide.net. Lasius brevicornis
  4. Raignier, Albert (1957). Het leven der mieren. Prisma, The Netherlands.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar