A laranxa é o froito da laranxeira (Citrus x sinensis), de forma esférica. O grosor da súa pel é moi variable (duns poucos milímetros a case un centímetro). A parte exterior desta é, unha vez madura, de cor laranxa (de aí o nome da froita) e a parte interior é de cor branca. É habitual comela (retirándolle a pel) ou beber o seu zume.

Laranxas de Teaño (Cuntis).
Laranxas nunha árbore de Oleiros.
Laranxas.

Así, unha clasificación habitual desta froita faise en funcións de para que se considera mellor, tendo laranxas de zume e laranxas de mesa, aínda que é moi normal distinguilas tamén pola súa procedencia. Pode utilizarse como ingrediente en cociña e repostería.

Orixe editar

Esta froita é orixinaria da India, aínda que ás veces dise que é Vietnam o país de orixe. A froita orixinal é ácida cando se compara coas variedades modernas. É dubidoso que a laranxa ácida é a orixinal, e pode darse o caso de non existiren verdadeiramente especies selvaxes.

O cultivo da laranxa editar

O cultivo da laranxa é un negocio significativo, e unha importante parte das economías de varios países e rexións europeas, entre os cales podemos salientar España, Italia, Romanía, e a rexión do Algarve en Portugal. Noutros continentes hai produción significativa en Suráfrica, nos estados da Florida e California nos EUA, e o distrito 'Riverina' en Murray River en Australia.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.