Un lapis[1] ou lapiseiro[2] é un instrumento de man utilizado para escribir ou debuxar, usualmente sobre papel.

Lapis sobre papel.
Lapis de distintos tipos.

Consta dunha variña de grafito (excepto para lapis de cor) e arxila, a cal é normalmente recuberta cunha capa de madeira. Os lapis poden ter tamén unha goma de borrar nun dos seus extremos, xa que a diferenza da pluma estilográfica ou o bolígrafo, o trazo do lapis pode ser borrado con facilidade.

A dureza da mina, e polo tanto a capacidade de escribir un trazo máis escuro, mídese coas siglas H e B, o B é mais brando, normalmente en debuxo artístico úsanse a B1, B2..., e o lapis común ten de siglas HB. Ademais, a dureza está en relación ás cantidades de grafito e arxila na mestura.

Historia e evolución editar

Antes da aparición do lapis, o ser humano inventara a pluma como instrumento de escritura ou debuxo, a cal require de tinta. Ademais, a tinta adoita ser indeleble, co conseguinte prexuízo en caso de erro. Neste sentido, os lapis son máis prácticos e permiten borrar o trazo.

A mina actual do lapis, composta por grafito e arxila, foi un invento de guerra xa que antes usábanse minas de grafito puro, xurdiu esta mestura grazas á escaseza de grafito necesario por Napoleón e as súas tropas.

Cando non é necesario que a escritura sexa indeleble o seu inconveniente redúcese a que a mina, tamén denominada grafo, vaise esgotando, polo que é necesario ir sacándolle punta coa axuda dun afialapis.

 
Varios portaminas.

Existen tamén os chamados lapis mecánicos ou portaminas, instrumentos capaces de conter no seu interior minas de pequeno diámetro (usualmente 0,3 mm, 0,5 mm e 0,7 mm) que se deslizan cara ó exterior segundo se vai necesitando.

Escala de dureza editar

9H 8H 7H 6H 5H 4H 3H 2H H F HB B 2B 3B 4B 5B 6B 7B 8B 9B
Moi duro Medio Moi brando

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lapis.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lapiseiro.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar