Na mitoloxía grega Laocoonte (ou Laoconte; en grego Λαοκόων Laokóōn) era o sacerdote de Apolo Timbreo en Troia, casado con Antiopa e pai de dous fillos. Segundo o relato de Virxilio na Eneida, despois de que os cercadores aqueos simulasen unha retirada, os troianos atoparon un cabalo construído de madeira nas portas de Ilión.

Laocoonte
Lugar de nacementoTroia
Lugar de falecementoTroia
NacionalidadeTroia
OcupaciónApollo priest
PaiAcoetes e Cápis
CónxuxeAntiope
Fillosvalor descoñecido e Antiphas
editar datos en Wikidata ]

Laocoonte pronuncia a famosa frase Timeo Danaos et dona ferentes (Desconfío dos dánaos (gregos) mesmo cando traen agasallos),[1] alertando os troianos de que podería ser unha trampa, que dentro do cabalo podía haber tropas aqueas e suxeriu queimalo, pero os troianos non lle fixeron caso. Na súa ousadía lanzou paus en chamas para tratar de queimar o cabalo de madeira, nese intre dúas grandes serpes emerxeron das augas e devoraron os seus fillos; angustiado, guindouse a loitar contra as serpes resultando tamén devorado.

Virxilio explicou que da tradición se desprende que o castigo de Laocoonte se debe á profanación que supón tratar de destruír un agasallo á deidade, razón pola cal ninguén creu nel. Outra tradición di que Laocoonte rompera a prohibición de Apolo ao casar e ter fillos. Outra fonte sinala que Laocoonte profanara a imaxe de Febo, cando se uniu en himeneo diante da imaxe.

O conxunto escultórico do Laocoonte editar

Artigo principal: Laocoonte e os seus fillos.

O conxunto escultórico do Laocoonte pertence á escola de Rodas. Os seus autores foron Aguesandro, Polidoro e Atenodoro. Foi esculpido orixinalmente en mármore rosado e branco. Mide 2 metros e 42 centímetros. Atópase exposto actualmente nos Museos Vaticanos.

A escultura representa o intre no que o sacerdote (Laocoonte) e os seus dous fillos son atacados por serpes. Segundo os críticos de arte o conxunto escultórico representa a impotencia e a dor sobrehumana. Teorizadores sobre a arte como Lessing propuxeron a partir do estudo do berro de Laocoonte unha poética sobre a arte.

Ten unha estrutura oblicua, de vulto redondo; desaparecen a serenidade e o equilibrio clásicos. O período helenístico resalta polas súas catro escolas: a de Atenas, a de Alexandría, a de Rodas e a de Pérgamo. As principais fontes do helenismo foron as cidades e esta escola xurdiu tras a morte de Alexandre Magno.

Cando a escultura se descubriu en 1506, faltáballe o brazo dereito, polo que se fixo un novo brazo en posición estendida. Con todo, cando en 1957 se descubriu o brazo orixinal, estaba dobrado, precisamente na posición que Miguel Anxo propuxera para a reconstrución. A estatua foi adquirida para O Vaticano polo Papa Xulio II.

Notas editar

  1. Eneida II, 49.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar