Langøya
Langøya é a terceira illa máis grande de Noruega (agás Svalbard), cunha superficie de 850´2 km². A illa forma parte do arquipélago Vesterålen e está situada no condado de Nordland. A illa inclúe os municipios de Bø e Øksnes así como partes dos municipios de Sortland e Hadsel.
Langøya | |
---|---|
localización da illa | |
Situación | |
País | Noruega |
Provincia | Nordland |
Arquipélago | Vesterålen |
Mar | Mar de Noruega |
Coordenadas | 68°48′N 15°7′O / 68.800, -15.117Coordenadas: 68°48′N 15°7′O / 68.800, -15.117 |
Xeografía | |
Superficie | 850´2 km² |
Longura máxima | 45 km. |
Largura máxima | 42 km. |
Punto máis alto | 763 m. Snøkolla |
Demografía | |
Capital | Sortland (4.679 hab.) |
Poboación | 15.844 (2001) |
A grande illa Hinnøya atópase ao leste (no outro lado do Sortlandssundet). A illa de Andøya atópase ao nordés. A pequena illa Skogsøya atópase ao noroeste. A illa Hadseløya atópase ao sur. Hai varios lagos na illa incluíndo Alsvågvatnet. O Eidsfjorden divide a illa case pola metade. A illa ten dúas pontes que a conectan con Hadseløya e Hinnøya a través da ponte de Hadsel e da ponte de Sortland.[1]
Galería editar
-
a escarpada parte occidental de Langøya preto de Nykvåg.
-
Lifjorden; moitos pequenos fiordes parten Langøya
-
Vista preto de Frøskeland
Notas editar
- ↑ Store norske leksikon. "Langøya – øy i Nordland" (en Norwegian). Consultado o 2012-07-30.[Ligazón morta]
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Langøya |