Lance Thomas

baloncestista estadounidense

Lance Thomas, nado o 24 de abril de 1988 en Brooklyn, Nova York, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto.

Lance Thomas
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 24 de abril de 1988 (35 anos)
Brooklyn, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
Instituto Saint Benedict's Preparatory School,
Newark, Nova Jersey
Scotch Plains-Fanwood High School
Universidade Duke (2006–2010)
Carreira dende 2010
Historial de equipos
Austin Toros (2010–2011)
New Orleans Hornets (2011)
Austin Toros (2012)
New Orleans Hornets / Pelicans (2012–2013)
Foshan Dralions (2013–2014)
Oklahoma City Thunder (2014–2015)
New York Knicks (2015–2019)

Traxectoria profesional editar

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2011, Thomas foi elixido no Draft da NBA D-League polos Austin Toros. Comezou a tempada 2011-12 cos New Orleans Hornets, pero o 31 de decembro de 2011 foi cortado e volveu aos Austin Toros. O 6 de febreiro de 2012, Thomas asinou outra vez cos Hornets un contrato de dez días.

O 29 de setembro de 2014, asinou cos Oklahoma City Thunder.[1]

O 5 de xaneiro de 2015, foi traspasado ós New York Knicks nun traspaso entre os Knicks, os Thunder e os Cleveland Cavaliers.[2] Tras ser cortado polos Knicks o 7 de xaneiro,[3] tres días despois asinou con eles un contrato de dez días.[4] O 21 de xaneiro, asinou un segundo contrato de dez días cos Knicks,[5] e o 31 de xaneiro asinou cos Knicks ata o final da tempada.[6] O 29 de xuño de 2019, Thomas foi cortado polos Knicks.[7]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar