O lago Velence está situado en Hungría, a media distancia entre Budapest e o lago Balatón, preto de Székesfehérvár. O lago ten 10.8 km de longo e 2.3 km de largo e ten unha superficie de 25 km². Ó norte están as montañas Velence, cunha altitude máxima de 352 m. Está considerado como o lago máis quente de Europa, xa que no verán a auga acada unha temperatura de entre 26 e 28 °C, e a variedade de aves que se poden atopar no lago é abraiante.

Lago Velence