Lagartera

concello de Castela-A Mancha

Lagartera é un concello de Castela-A Mancha, ao oeste da provincia de Toledo, agrícola e gandeiro, situado ao norte do río Texo, que pertence á comarca da Campana de Oropesa. O seu xentilicio é lagarterana ou lagarterano.

Modelo:Xeografía políticaLagartera
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°54′45″N 5°12′08″O / 39.9125, -5.2022222222222Coordenadas: 39°54′45″N 5°12′08″O / 39.9125, -5.2022222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela-A Mancha
Provinciaprovincia de Toledo Editar o valor em Wikidata
CapitalLagartera (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.306 (2023) Editar o valor em Wikidata (16,12 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie81 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude389 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJose Vicente Amor Jimenez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal45567 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE45082 Editar o valor em Wikidata

Páxina weblagartera.es Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situado a 115 km da capital toledana, moi próximo ao límite da provincia de Cáceres e limítrofe coa provincia de Ávila, «á la falda N. de un cerrito o berrocal bastante pendiente, escabroso, muy extendido y desigual.»,[1] limita ó norte co concello de Candeleda, ó sur con Torrico e Oropesa, ó leste con Oropesa, e ó oeste con Herreruela de Oropesa, La Calzada de Oropesa e Oropesa, e está bañado polo río Tiétar.

Demografía editar

Segundo o Instituto Nacional de Estadística, no ano 2017 tiña 1 422 habitantes (1 595 no 2010 e 1 839 no 2000) o que supón un continuo descenso dende o ano 2008.[2]

Gráfica de evolución demográfica de Lagartera entre 1996 e 2017
Fonte: INE.
Serie de poboación
(Fonte/s: INE)
Ano19981999200020012002200320042005200620072008200920102011201220132014201520162017
Poboación18911870183918131762170116521621155615911601159615951564155815221505150314681422

Historia editar

A orixe estivo no barrio de "Toledillo" que se une co resto do casarío por unha ponte. Pertenceu ao condado de Oropesa ata que en 1620 se declarou vila, co que tivo administración propia.[3]

Cultura editar

 
Novia lagarterana (1912), Sorolla, Museo Sorolla.

Patrimonio editar

  • Ermida dos Santos Mártires.[4]
  • Igrexa parroquial de El Salvador, gótica do século XVI, con elementos barrocos dos s. XVII e XVIII, de tres naves con cruceiro, ábsida plana e coro.[5]
  • Museo Municipal Marcial Moreno Pascual, que alberga valiosas pezas bordadas e obras pictóricas do autor que dá nome ao espazo, nado en Lagartera en 1911 e finado en 1983.[6]

Festas e celebracións editar

  • Corpus Christi, en xuño. Móntanse altares nas rúas e prazas para recibir á eucaristía coas mellores e máis antigas pezas de deshilados lagarteranos.
  • El Salvador, festa patronal, a primeira fin de semana de agosto.
  • El Rosario, o primeiro domingo de outubro.

Economía editar

A comercialización dos seus bordados artesanais empezou a comezos do século XX. A maior parte da economía da vila baséase nesa actividade.

Política e goberno editar

O alcalde é, dende o ano 2011, o popular José Vicente Amor Jiménez.

Alcaldes desde as eleccións de 1979
Lexislatura Nome Partido
1979-1983 Rufino Santillana Otero   PSOE
1983-1987 Máximo Santillana Garía   PSOE
1987-1991 Benjamín Otero Corrochano   PSOE
1991-1995 Benjamín Otero Corrochano   PSOE
1995-1999 Benjamín Otero Corrochano   PSOE
1999-2003 Manuel García Lozano   PSOE
2003-2007 Lorenzo Lozano Bermejo   PSOE
2007-2011 Lorenzo Lozano Bermejo   PSOE
2011-2015 José Vicente Amor Jiménez   PP
2015-2019 José Vicente Amor Jiménez   PP
2019-2023 n/d n/d
2023- n/d n/d

Notas editar

  1. Madoz, Pascual (1846-1850). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) X. Madrid: Establecimiento tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti. p. 19. 
  2. INE. "Poboación por municipios". 
  3. "Historia" Deputación provincial.
  4. "Monumentos" Deputación provincial.
  5. "Iglesia de "El Salvador" Concello.
  6. Turismo de Castilla-La Mancha (en varias linguas).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar