Ladeiras, casas e adegas de Champaña

Ladeiras, casas e adegas de Champaña é o nome que reciben varios sitios da rexión de Champaña de Francia inscrito na lista da UNESCO do Patrimonio da Humanidade en 2015 polos seus vínculos históricos coa produción e venda de champaña, así como o seu testemuño do desenvolvemento dunha empresa agroindustrial de renome internacional.[1]

Ladeiras, casas e adegas de Champaña
Avenida de Champagne en Épernay
Champagne en Francia
Champagne
Champagne
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Francia
TipoCultural
CriteriosII, IV, VI
Inscrición2015 (39º Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador1465

Descrición editar

Aínda que só ocupa unha pequena parte da rexión vinícola de Champaña, o Patrimonio da Humanidade está formado por lugares que representan todo o proceso de creación e venda de champaña. En total, hai 14 sitios distintos, agrupados en tres categorías:[1]

  • Os viñedos históricos de Hautvillers, Aÿ e Mareuil-sur-Aÿ, e as súas correspondentes adegas, onde as uvas se cultivan e fermentan desde polo menos 1673.[2]
  • Outeiro de Saint-Nicaise en Reims, un viñedo urbano con adegas propias que se combina con espazos públicos e parques.
  • Avenida de Champaña e Fort Chabrol en Épernay, o lugar máis coñecido para amosar e vender o champaña.

Os viñedos de Hautvillers, Aÿ e Mareuil-sur-Aÿ inclúen cabanas e prensas de colleita in situ, para procesar as uvas cun transporte mínimo.[2] As adegas debaixo das aldeas e viñedos, escavadas nas ladeiras calcáreas nos séculos XVII e XVIII, corren costa arriba desde os viñedos.[2] Non obstante, as adegas máis grandes atópanse no Outeiro Saint-Nicaise. Estas adegas, construídas máis tarde que as das bisbarras da cidade, expandíronse sobre canteiras de calcaria subterráneas xa existentes e esténdense varios quilómetros por debaixo dos viñedos e da cidade.[2] A Avenida de Champaña en Epernay contén a sede de moitos dos eminentes fabricantes de champaña. Construída ao longo dunha importante ruta comercial entre Francia e Alemaña, a rúa alberga edificios de comerciantes de champaña desde o século XVIII.[1]

Lista de sitios rexistrados editar

A inscrición na Lista do Patrimonio Mundial conserva en particular 14 sitios distribuídos no noroeste do departamento de Marne.

Sitio Comuna Propiedade -
superficie (ha)
Zona tampón -
área (ha)
Valoracións Datos de contacto Ilus.
Coteaux d’Hautvillers Hautvillers 220,67 3.699,12 49°4′39″N 3°56′46″L / 49.07750, -3.94611 (Coteaux d’Hautvillers)  
Adegas cooperativas de Hautvillers Hautvillers 4,11 Sitio subterráneo. 49°4′42″N 3°57′4″L / 49.07833, -3.95111 (Caves coopératives d’Hautvillers)
Adega Thomas Hautvillers 0,49 Sitio subterráneo. 49°4′36″N 3°56′11″L / 49.07667, -3.93639 (Cave Thomas)
Ladeiras de Aÿ Aÿ 439,53 49°3′34″N 4°0′11″L / 49.05944, -4.00306 (Coteaux d’Aÿ)  
Adegas de Aÿ Aÿ 57,8 Sitio subterráneo. 49°3′21″N 4°0′15″L / 49.05583, -4.00417 (Caves d’Aÿ)  
Ladeiras de Mareuil-sur-Aÿ Mareuil-sur-Aÿ 44,22 49°2′46″N 4°2′14″L / 49.04611, -4.03722 (Coteaux de Mareuil-sur-Aÿ)  
Adegas de Mareuil-sur-Aÿ Mareuil-sur-Aÿ 14,69 Sitio subterráneo. 49°2′43″N 4°2′17″L / 49.04528, -4.03806 (Caves de Mareuil-sur-Aÿ)
Outeiro Saint-Nicaise Reims 132,3 306,46 Inclúe o distrito de Chemin-Vert. 49°14′34″N 4°3′6″L / 49.24278, -4.05167 (Colline Saint-Nicaise)  
Adegas Pommery, Ruinart, Veuve-Clicquot, Charles Heidsieck Reims 62,75 Sitio subterráneo. 49°14′27″N 4°3′4″L / 49.24083, -4.05111 (Caves Pommery, Ruinart, Veuve-Clicquot, Charles Heidsieck) 100px
Adegas Taittinger Reims 1,44 Sitio subterráneo. 49°14′41″N 4°2′46″L / 49.24472, -4.04611 (Caves Taittinger)  
Adegas Martel Reims 1,18 Sitio subterráneo. 49°14′42″N 4°2′34″L / 49.24500, -4.04278 (Caves Martel)
Avenida de Champaña Épernay 52,92 224,85 49°2′31″N 3°57′57″L / 49.04194, -3.96583 (Avenue de Champagne)  
Fort Chabrol Épernay 2,48 49°3′5″N 3°56′57″L / 49.05139, -3.94917 (Fort Chabrol)  
Adegas da avenida de Champaña Épernay 66,7 Sitio subterráneo. 49°2′27″N 3°57′41″L / 49.04083, -3.96139 (Caves de l'avenue de Champagne)  

Notas editar

Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 "Champagne Hillsides, Houses and Cellars". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 12 de decembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Champagne Hillsides, Houses and Cellars: France No. 1465 (Informe). ICOMOS. 12 de marzo de 2015. Consultado o 12 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar