Labuat é o nome do proxecto musical formado por Virginia Maestro, The Pinker Tones e Risto Mejide.

Labuat
OrixeEspaña España
Período20082010
Xénero(s)Pop
Indie
Jazz
Soul
Selo(s) discográfico(s)Sony BMG
MembrosVirginia Maestro
The Pinker Tones
Risto Mejide
Na rede
www.labuat.com
MySpace: labuatoficial Musicbrainz: 018bec4a-2a2b-453c-aed2-feb5b16efa2a Songkick: 2480081 Discogs: 1379255 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Nome e fundación editar

Unha parte do proxecto nace da man de Risto Mejide, quen compuxo unhas cancións para que as gravase unha voz feminina e as producise The Pinker Tones. Mejide non achou a voz axeitada até que escoitou a Virginia Maestro no casting de Operación Triunfo 2008. Namentres ela estaba na academia, el xa chegara a un acordo con Sony BMG para publicaren o disco inda que non gañase o concurso.

Cando eu estaba no programa, os Pinker Tones e Risto xa estaban en contacto agardando que eu saíse e podermos comeza-lo proxecto. Mesmo eles xa falaran con Sony e acordaran que aínda que eu non houbese gañado o proxecto faríase igualmente. Está claro que eu non tiña nin idea. Estaba preocupada por saber que había de pasar coa miña vida. Era un proxecto que tiñan entre mans e só lles faltaba atopa-la voz axeitada. Creo que foi unha sorte compartida o feito de nos habermos atopado.[1]

Na festa que se celebrou despois da final do programa, Risto Mejide faloulle a Virginia das cancións e pediulle o seu número de teléfono para lle facer unha proposta.[1] Dous días despois, Virginia foi á súa casa para escoitar as maquetas e viu nunha mesa unha foto súa na que puña Labuat, nome co que se sentiu identificada ó saber o seu significado.

Foi unha idea de Risto, a mañá que fun á súa casa, ós dous días de saír do programa para escoitar a maqueta e que el me propuxese o proxecto, tiña nunha mesa unha foto miña imprimida e embaixo puña "Labuat". Díxome que era o nome da sala de Barcelona onde escoitara por primeira vez jazz. Isto foi unha pista para que eu me sentise moi identificada. Despois díxome que viña de La boîte en francés que significa "a discoteca" mais máis nun sentido de sala de concertos máis íntimo, co cal cada vez íame sentindo máis identificada. Do xeito tan íntimo que teño de sentir a música de dentro cara a fóra díxenlle que sí.[1]

A produción do disco comezou cando The Pinker Tones pedironlle a Virginia unha lista das súas referencias musicais.[2]

2009: Álbum debut editar

Artigo principal: Labuat (álbum).

O 5 de decembro de 2008 anunciouse publicamente o nome do proxecto.[3][4] En febreiro do 2009 confirmouse que o disco estaría composto por Risto Mejide, bardante dúas cancións (Carta de otoño, composta por Virginia Maestro; e Al margen, música composta por Risto Mejide e letra por Virginia), que os produtores serían o dúo The Pinker Tones e que o primeiro sinxelo levaría por título "Soy tu aire".[5] O proxecto presentouse oficialmente ós medios nunha rolda de prensa celebrada no Círculo de Belas Artes de Madrid.

Finalmente o disco, de título homónimo, púxose á venda o 24 de febreiro, logrando chegar na súa primeira semana ó número 2 de Promusicae.[6] En marzo publicouse unha edición deluxe[7] e unha edición en vinilo.[8]

Discografía editar

Álbums de estudio editar

Sinxelos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Entrevista a Labuat en la revista "Preuniversitaris"". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2009. Consultado o 30 de abril de 2009. 
  2. Domènech, Albert (24 de febreiro de 2009). "Risto es perfeccionista y muy exigente con su trabajo, y eso me gusta". La Vanguardia. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2009. Consultado o 30 de abril de 2009. 
  3. "LABUAT, nombre del proyecto de Virginia Maestro". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2009. Consultado o 30 de abril de 2009. 
  4. "Virginia ahora es Labuat". Arquivado dende o orixinal o 06-03-2009. Consultado o 30-04-2009. 
  5. Virginia de 'OT' ahora es Labuat y presenta el disco compuesto por Risto
  6. Labuat debuta como segundo disco más vendido en España Arquivado 12 de abril de 2009 en Wayback Machine. Europa FM.com
  7. Edición deluxe del álbum de "Labuat" a la venta el 17 de Marzo Arquivado 24 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Labuat.com
  8. "Vinilo de Labuat ya a la venta". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2009. Consultado o 30 de abril de 2009. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar