Beizo leporino

defecto conxénito
(Redirección desde «Labio leporino»)

Denomínase beizo leporino, beizo fisurado, ou fisura labial ó defecto conxénito que consiste nunha fendedura ou separación no beizo superior. O beizo leporino orixínase pola fusión incompleta dos procesos maxilar e nasomedial do embrión e é un dos defectos de nacemento máis frecuentes (constitúe aproximadamente o 15% das malformacións conxénitas). Preséntase, frecuentemente, acompañado de padal fendido ou fisura palatina.

Beizo leporino
Clasificación e recursos externos
Neno con beizo leporino
DiseasesDB29604
MedlinePlus001051
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Etimoloxía editar

Beizo leporino (do lat. leporīnus, da lebre) quere dicir «beizo de lebre», pois ese animal ten o beizo superior cortado no centro. Durante moito tempo este foi o termo utilizado para denominar á fisura labial. Porén, en anos recentes os dous termos usáronse para referirse á mesma condición.[1]

Notas editar

  1. Cantín, Mario; Suazo Galdames, Iván (2011). "Labio leporino en la terminología biomédica". Revista médica de Chile (Santiago de Chile: Sociedad Médica de Santiago) 139 (2): 274–5. ISSN 0034-9887.