La vida breve (en galego A vida breve) é unha ópera en dous actos de Manuel de Falla con libreto en castelán de Carlos Fernández Shaw. Foi estreada en francés (sobre unha adaptación de Paul Milliet) o 1 de abril de 1913 no Casino Municipal de Niza. O libretista, un prolífico autor de libretos de zarzuela, deulle a Falla un texto tipicamente andaluz e dramaticamente feble, sobre o cal Falla compuxo unha música na que se fai patente certa influencia do verismo e da estética típica da zarzuela castiza, mais cunha técnica orquestral e un brillo que fixeron desta obra a ópera en castelán máis representada.

La vida breve
A vida breve
O Albaicín (Granada), escenario da ópera.
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos e 4 cadros
Idioma orixinal do libretoCastelán (estreada en francés)
LibretistaCarlos Fernández Shaw
Fontes literariasBaseado nun poema de Fernández Shaw
Estrea1 de abril de 1913
Teatro da estreaCasino Municipal
Lugar da estreaNiza
Duración64 minutos
Música
CompositorManuel de Falla
Personaxes

Salud (soprano lírico-spinto)
Paco (tenor lírico)
A Avoa de Salud (mezzosoprano)
Sarvaor (baixo)
Carmela (mezzosoprano)
Manuel (tenor)
Un cantaor (barítono)
Vendedores, ferreiros, convidados, bailaríns[1]

Trátase dunha ópera breve, na cal os acontecementos dramáticos se precipitan rapidamente e onde o elemento popular, en forma de danzas e coplas, serve para dar un meirande contido musical, non aportando nada dende o punto de vista dramático - máis ben entorpecendo a acción. Porén, é xustamente nas danzas e nos elementos populares, onde se encontra o mellor da música. Só unha dirección escénica intelixente e imaxinativa pode salvar a La vida breve como peza teatral, dada a dificultade de narrar axeitadamente os acontecementos sen caer na confusión ou o tópico, nunha obra que segundo Federico Sopeña "apenas montada como ópera-ballet resiste".[2]

Os fragmentos máis célebres da ópera son as dúas danzas sinfónicas, que decote se interpretan como pezas de concerto.

Personaxes editar

Personaxe Rexistro Elenco na estrea, 1 de abril, 1913
(Director: Jacques Miranne)
Salud, xitana amante de Paco soprano Lillian Grenville
Paco, señorito tenor David Devriès
Salvador, tío de Salud baixo Édouard Cotreuil
A avoa de Salud mezzosoprano Renée Fanty
Carmela, moza de Paco mezzosoprano Mlle Gerday
Manuel, irmán de Carmela barítono Termany
Un cantaor barítono
Primeira vendedora contralto Daurelly
Segunda vendedora mezzosoprano A Bernard
vendedor baixo
Voz da fragua tenor Rouziery

Notas editar

  1. Martín Triana, José María (1992). El libro de la ópera (en castelán) (2.ª ed.). Alianza Editorial, S.A. p. 489. ISBN 84-206-0284-1. 
  2. Federico Sopeña. Historia de la Música Española Contemporánea. Ediciones Rialp, 1976. ISBN 84-321-1873-7

Véxase tamén editar

Bibliografía xeral editar