La tribu

filme de 2018 dirixido por Fernando Colomo

La tribu é un filme español de 2018 dirixido por Fernando Colomo e escrito por Colomo e Yolanda García Serrano.[1][2][3]

La tribu
Ficha técnica
Título orixinalLa tribu
DirectorFernando Colomo
GuiónFernando Colomo
Yolanda García Serrano
IntérpretesPaco León
Carmen Machi
Maribel del Pino
DistribuidoraNetflix
EstreaFestival de Cinema de Comedia de Monte-Carlo: 27 de febreiro de 2018
Duración90 minutos
OrixeEspaña España
XéneroComedia
Na rede
IMDB: tt6708044 Filmaffinity: 296370 Rottentomatoes: m/the_tribe_2018 Netlix: 80988835Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Virginia (Carmen Machi), limpadora e bailarina vocacional, recupera ao seu fillo, a quen dera en adopción ao nacer: Fidel (Paco León). Fidel agora é un exdirectivo que o perdeu todo, mesmo a memoria, logo de tentar suicidarse por mor do despedimento do seu traballo, un despedimento ocasionado por manter relacións sexuais cunha bolseira e facerse público.

Tralo accidente, Fidel non lembra nada do vivido anteriormente, e Virginia decide levalo con ela a casa para coidalo, pois non coñece nada sobre a súa vida. Porén, logo dun ano desaparecido, unha azueira de que Fidel está no grupo de baile La Tribu chega aos medios. Nai e fillo, xunto ao grupo de streetdance cuxos bailes lles alegran a vida, descubrirán que, malia vir de mundos moi diferentes, ámbolos dous levan o ritmo no sangue.[4][5]

Personaxes editar

  • Paco León como Fidel García Ruiz
  • Carmen Machi como Virginia
  • Maribel del Pino como Maribel
  • María José Sarrate como Eli
  • Arlette Torres como Belén
  • Maite Sandoval como Cati
  • Marisol Aznar como Uge
  • Luis Bermejo como Luciano
  • Artur Busquets como Elton
  • Manuel Huedo como Maikel
  • Julián López como Juanjo
  • Alfonso Lara como Israel
  • Manel Fuentes como Presentador
  • David Arnaiz como Chacho
  • Eric Berman como Migue

Notas editar

  1. "Stream It Or Skip It: ‘The Tribe’ On Netflix, Where Viral Infamy Leads To A Group Of Dancing Mommies". Decider. Consultado o 27 de xullo de 2019. 
  2. "‘The Tribe’ - Netflix Film Review". Ready Steady Cut. Consultado o 27 de xullo de 2019. 
  3. "The Tribe Movie Review - The Mad Movie Man". The Mad Movie Man. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  4. "La Tribu. Plot". 
  5. "La tribu". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar