La forza del destino

ópera de Giuseppe Verdi

La forza del destino é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave baseado nun drama español, Don Álvaro, o la fuerza del sino (1835) de Ángel de Saavedra, duque de Rivas, cunha escena adaptada da obra de Friedrich Schiller Wallensteins Lager. Foi estreada no Teatro Bolshoi Kamenny de San Petersburgo (Rusia), o 10 de novembro de 1862.

La forza del destino
A forza do destino
Portada da primeira edición bilingüe do libreto de La forza del destino, San Petersburgo (1862).
FormaÓpera
Actos e escenas4 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFrancesco Maria Piave
Fontes literariasDuque de Rivas, Don Álvaro o la fuerza del sino (1835)
Estrea10 de novembro de 1862
Teatro da estreaTeatro Bolshoi
Lugar da estreaSan Petersburgo
Duración3 horas 15 minutos[1]
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Personaxes

Don Álvaro (tenor lírico-spinto)
Don Carlos de Vargas (barítono)
Dona Leonora de Vargas (soprano dramática)
O marqués de Calatrava (baixo)
Preziosilla (mezzosoprano)
Padre Gardián (baixo)
Frei Melitón (barítono buffo)
Curra (mezzosoprano)[2]

Logo dalgunhas revisión, foi representada en Roma en 1863 (co título de Don Alvaro) e pouco desprois en Madrid (coa presenza no teatro do mesmo Duque de Rivas). Posteriormente estreouse en Nova York e Viena (1865), Buenos Aires (1866) e Londres (1867).

Verdi realizou unha nova revisión, con adicións do libretista Antonio Ghislanzoni, que se estreou no Teatro alla Scala de Milán o 27 de febreiro de 1869. Esta última converteuse na versión estándar que se adoita representar.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea
Novembro de 1862[3]
(Director: -)
Versión revisada
Elenco na estrea
27 de febreiro de 1869[3]
(Director: Eugenio Terziani[4])
O marqués de Calatrava baixo Meo Giuseppe Vecchi
Leonora, súa filla soprano Caroline Barbot Teresa Stolz
Don Carlo di Vargas, seu fillo barítono Francesco Graziani Luigi Colonnese
Don Alvaro, pretendiente de Leonora tenor Enrico Tamberlik Mario Tiberini
Curra, doncella de Leonora mezzosoprano Lagramante Ester Neri
Preziosilla, unha xitana xove mezzosoprano Constance Nantier-Didier Ida Benzi
Alcalde baixo Ignazio Marini Luigi Alessandrini
Mestre Trabuco, un muletero e vendedor ambulante tenor Geremia Bettini Antonio Tasso
Padre Guardiano, un franciscano baixo Gian Francesco Angelini Marcello Junca
Fra Melitone, un franciscano barítono Achille De Bassini Giacomo Rota
Un cirurxián baixo Alessandro Polonini Vincenzo Paraboschi
Campesiños, servidores, peregrinos, soldados, vivandières e frades

Notas editar

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 177. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  3. 3,0 3,1 Budden, p. 427
  4. Fonte do elenco para a versión revisada Arquivado 12 de agosto de 2012 en Wayback Machine. en amadeusonline.net

Véxase tamén editar