La Voz de Bueu
La Voz de Bueu foi un periódico editado en Bueu entre 1904 e 1906.
La Voz de Bueu | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Subtitulado Semanario defensor de los intereses generales, apareceu o 14 de febreiro de 1904. Dirixido por Ramón Galup Maneiro, o seu administrador era Francisco Pardo. Publicáronse 120 números, cesando a súa edición o 26 de maio de 1906.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.