La Voix humaine (Poulenc)
La Voix humaine (en galego, A voz humana) é unha ópera ("traxedia lírica") nun acto para un só personaxe, con música de Francis Poulenc e libreto en francés de Jean Cocteau, adaptado da súa obra de teatro homónima de 1930. Foi estreada na Salle Favart de París o 6 de febreiro de 1959.
La Voix humaine A voz humana | |
---|---|
La Voix humaine é unha ópera en forma de monólogo que pasa ao teléfono. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 1 acto |
Idioma orixinal do libreto | Francés |
Libretista | Jean Cocteau |
Fontes literarias | La Voix humaine, de Jean Cocteau |
Estrea | 6 de febreiro de 1959 |
Teatro da estrea | Salle Favart |
Lugar da estrea | París |
Duración | 40 minutos |
Música | |
Compositor | Francis Poulenc |
Personaxes | |
Elle (soprano) |
Historia editar
La Voix humaine foi composta no ano 1958, se ben non foi estreada ata o 6 de febreiro do ano seguinte na Salle Favart de París. Poulenc escribiu a ópera para Denise Duval, unha soprano francesa, e a estrea foi dirixida por Georges Prêtre.
Outras sopranos que teñen cantado o papel son Karan Armstrong, Dame Josephine Barstow, June Card, Dame Gwyneth Jones, Dame Felicity Lott, Catherine Malfitano, Audra McDonald, Julia Migenes, Maralin Niska, Jessye Norman, Magda Olivero, Gerlinde Sämann, Renata Scotto, Anja Silja, Elisabeth Söderström, Phyllis Treigle, Galina Vishnevskaya e Carole Farley.
Esta ópera continúa no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto 94 das óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 11ª en Francia e a segunda de Poulenc con 39 representacións.[1]
Argumento editar
Soa o teléfono. Moitas persoas ocupan a liña mentres o único personalle -"Elle", unha rapaza nova- agarda unha chamada de quen ten sido o seu amante ("Cheri": Querido) durante cinco anos, o menor sinal pola súa parte. O teléfono soa de novo. Ela fálalle da súa noite anterior, a súa dor de cabeza, a súa comida, as súas compras. El quere cortala, mais ela segue, dille que pode seguir os seus asuntos cando queira, impídelle pedir desculpas. Ela dille "Son eu que son parva" e a enche de loanzas, «Ti es moi doce», «Non me creo tan forte» e se defende de tomar parte na comedia, de deixarse atrapar por ela. «Non teño a voz dunha persoa que esconde algo». «Decidín ter coraxe, teño o que merezo», «Todo é culpa miña». Ela dille, ao final, que poderá vir buscar o seu bolso á conserxería e que é posible que ela pase algúns días no campo. A liña segue funcionando, «É gracioso porque te escoitho como se estiveras na habitación... ¡Aló, aló! (...) Vamos ben, agora, te escoito ben, pero moi lonxe, moi lonxe, (...) Quero dicir que mellor que nunca en toda esta hora ... Semella que non é seu aparato».
El dille que a deixa por outra, que vai casar ao día seguinte. É a derradeira vez que falarán. Durante a conversa, o público descobre que a muller ten tentado suicidarse. O servizo telefónico de París era tristemente famoso pola súa baixa calidade na época, así que a conversa se interrompe varias veces durante a desesperante conversa. A pesar dás súas imprecacións rogos e reclamos, el a deixa e ela suicídase.
Características editar
A obra ten forma dun monólogo, con longas pasaxes de canto sen acompañamento musical que requiren particularmente os talentos de actriz da intérprete.
Gravacións editar
Ano | Elenco (Ella) | Director, Teatro de ópera e orquestra |
Sello discográfico |
---|---|---|---|
1959 | Denise Duval | Georges Prêtre, Orquestra da Opéra-Comique |
EMI |
1976 | Jane Rhodes | Jean-Pierre Marty, Orchestre national de France |
(édition du Centenaire, IMVO15, 1994 INA) |
1991 | Julia Migenes | Georges Prêtre, Orchestre national de France |
Erato |
1997 | Françoise Pollet | Jean-Claude Casadesus, Orchestre national de Lille |
Harmonia Mundi |
2001 | Felicity Lott | Armin Jordan, Orchestre de la Suisse Romande |
Harmonia Mundi |
A ópera foi rexistrada en vídeo por Carole Farley e Julia Migenes, gravada por Felicity Lott, Francoise Poillet, Jane Rhodes, e interpretada por figuras como Anja Silja, Magda Olivero, Josephine Barstow, Gwyneth Jones, Galina Vishnévskaya, Jessye Norman, Elisabeth Söderström ou Renata Scotto.
Notas editar
- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 09 de novembro de 2012.
Véxase tamén editar
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Bibliografía editar
- Machart, Renaud (1995). Seuil, ed. Poulenc (en francés). París. p. 252. ISBN 2-02-013695-3.
- Poulenc, Francis (1993). Cicéro Éditeurs, Salabert, ed. Journal de mes mélodies (en francés). París. p. 159. ISBN 2-908369-10-9.
- Hell, Henri (1978). Fayard, ed. Francis Poulenc (en francés). París. p. 388. ISBN 2-213-00670-9.
- Mas, Josiane (2001). Université de Montpellier III, ed. Centenaire Georges Auric - Francis Poulenc, Centre d'études du XXe siècle (en francés). p. 338. ISBN 2-84269-445-7.
Ligazóns externas editar
- Libreto en www.kareol.es (en castelán) (en francés)