La Requejada (La Requexada en leonés) é unha subbisbarra da bisbarra zamorana de Seabra (Castela e León, España).[1][2][3]

As características propias de La Requejada, tanto culturais coma lingüísticas, dificultaron en ocasións a súa adscrición comarcal. Tradicionalmente foron vencelladas á bisbarra de Seabra, e os seus habitantes considéranse sanabreses, pero nalgunhas divisións comarcais inclúese na bisbarra da Carballeda.

Vista de Villarejo de la Sierra

A vacilación no seu encadramento comarcal, débese a que o seu territorio se encontra nunha zona de transición entre Seabra e La Carballeda, ao que se une as grandes afinidades de La Requejada coa lindante bisbarra da Cabreira, esta última xa na provincia de León.

Ocupa un territorio claramente definido nalgúns dos seus contornos. Ao norte a Serra da Cabreira, ao leste a prolongación desta serra que a separa do resto de Seabra. A zona oeste e sur carece de notables accidentes xeográficos, pero está incomunicada por estrada con La Carballeda. O acceso a La Requejada, só é posible a través dunha estrada que parte de Palacios e que, tras atravesar La Requejada, se dirixe cara a bisbarra da Cabreira leonesa. A súa situación propiciou o seu histórico illamento, o que permitiu que se xerasen e mantiveran características culturais e lingüísticas singulares que, dende principios do século XX, foron obxecto de diversos estudos. De feito La Requejada é unhas das zonas onde aínda pervive a lingua leonesa no seu dialecto sanabrés e foi estudada amplamente polo filólogo alemán Fritz Krüger.[4][1][5]

O seu territorio inclúe as localidades de Santiago da Requejada (Santiagu en leonés), Rosinos de la Requejada (Rosinos de la Requexada), Doney de la Requejada (Donéi) , Carbajalinos(Carbalinos), Villarejo (Villarieju), Gusandanos e Faramontanos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Toponimia menor del noroeste de la provincia de Zamora: 4. Carbalinos" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xaneiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  2. "«El leonés de Sanabria vive recluido en el ámbito familiar por la falta de prestigio»". www.laopiniondezamora.es (en castelán). Consultado o 2019-02-25. 
  3. "Presentan un atlas que recoge el leonés que se hablaba en Sanabria". Diario de León (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-25. 
  4. "Estado lingüístico de Senabria y La carbayeda a comienzos del siglo XXI" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. 
  5. "Las vocales medias finales en el leonés de La Carballeda" (PDF) (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2019.