La Radiolina
La Radiolina é o cuarto álbum de estudio de Manu Chao. Lanzouse o 4 de setembro de 2007. Italia tivo unha estrea anticipada do álbum o 30 de agosto dese mesmo ano.
La Radiolina | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Manu Chao | ||||
Publicado | 30 de agosto de 2007 | |||
Gravación | 2006-2007 | |||
Duración | 70:00 | |||
Xénero(s) | Rock, pop latino, reggae, world music | |||
Selo(s) | Because Music | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
"Rainin in Paradize", o primeiro sinxelo do álbum, estivo dispoñíbel antes da súa estrea oficial para descargalo na súa páxina web. O sinxelo conta cun vídeo musical dirixido polo cineasta serbio Emir Kusturica. Tamén ten un vídeo para a canción "Me Llaman Calle", co propio Manu Chao actuando nun bar local.
Linguas e estilo editar
O título do álbum La Radiolina significa a pequena radio en italiano, e fai referencia a un pequeno transistor de radio. O álbum ten como lingua principal o castelán. "Politik Kills", "Rainin In Paradize", "The Bleedin Clown" e as primeiras dúas liñas de "Siberia" están en inglés; "Besoin de la Lune" e "Panik Panik" están en francés; "A Cosa" está en italiano, sendo a primeira canción de Manu Chao nesta lingua; "Amalucada Vida" está en portugués brasileiro.
Musicalmente, o álbum presenta un marcado estilo de Manu Chao no cal se reutilizan bases instrumentais con diferentes letras e melodías:
Lista de cancións editar
- 13 Días
- Tristeza Maleza
- Politik Kills
- Ranin in paradise
- Besoin de la Lune
- El Kitapena
- Me Llaman Calle
- A Cosa
- The Bleedin Clown
- Mundorévès
- El Hoyo
- La Vida Tómbola
- Mala Fama
- Panik Panik
- Otro Mundo
- Piccola Radiolina
- Y Ahora Qué ?
- Mama Cuchara
- Siberia
- Soñe Otro Mundo
- Amalucada Vida
Créditos editar
- Manu Chao – voz e guitarras[1]
- Madjid Fahem – guitarra e baixo
- David Bourguigon – batería
- Jean Michel Dercourt a.k.a. Gambeat – baixo e coros
- Roy Paci – trompetas
- Angelo Mancini – trompeta en "Politik Kills"
- Tonino Carotone – voz e harmonías "A Cosa"
- Amadou Bagayoko – guitarra en "A Cosa"
- Cheik Tidiane – teclado en "A Cosa"
- Flor – coros en "A Cosa"
- Beatnik – voz en "Tristeza Maleza"
- José Manuel Gamboa e Carlos Herrero – guitarra flamenca en "Me Llaman Calle"
- Escritura, composición e produción – Manu Chao
- Mestura – Mario C., Andrew Scheps, Manu Chao e Charlie VDE Farravox
- Masterización – Adam Ayan en Gateway Sound
- Deseño de arte – Manu Chao e Wozniak
- Fotografías – Chucolinai
Notas editar
- ↑ todos os créditos extraídos do folleto do CD La radiolina
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- La Radiolina na páxina de Manu Chao