La Lucha Obrera
La Lucha Obrera foi un periódico editado na Coruña entre 1883 e 1887.
La Lucha Obrera | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Voceiro da Sociedad de Carpinteros da Coruña, apareceu en xullo de 1883.[1] Periódico semanal de carácter anarquista, foi denunciado por ataques á relixión e aos seus ministros[2] e en setembro de 1884 foi secuestrado o número por orde do fiscal.[3] Suspendeu a súa publicación en outubro de 1884.[4]. Estivo dirixido por Antonio Vidal Villanueva e entre os seus redactores figurou Pedro Barreiro.[5] Reapareceu en maio de 1886[6] como órgano da Federación de Trabajadores de La Coruña, vinculada á Federación de Trabajadores de la Región Española. Foi suspendido en xaneiro de 1887.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. p. 164. ISBN 84-87783-79-1.