La Jambre é unha formación de música folk, creada no 2003 en Xerez da Fronteira. As súas composicións tratan de recuperar e actualizar a música tradicional andaluza que coexistiu co flamenco ata ser desprazada pola vitalidade deste e doutras músicas máis modernas. A súa gran riqueza melódica e a variada temática das súas letras, denota a súa orixe ancestral e a súa procedencia de culturas variadas.

La Jambre
OrixeXerez da Fronteira, Andalucía
Período2003 - presente
Xénero(s)Folk
MembrosJosé Cabral
Antonio de Magdalena
Hendo
Ismael Colón
Jesús Cabral
Pepe Torres
David Guillén
Marcos Plada
Na rede
www.lajambre.com

No 2007 participaron no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Membros editar

* José Cabral Guitarra, ud, baglamá, cumbus, gandana, voz
* Antonio de Magdalena Voz, dulzaina, gaita, gaita gastoreña, xaphoon, punteiros e zurna
* Hendo Frautas traveseiras, frauta de tres buratos e tamboril, acordeón e coros
* Ismael Colón Batería, percusións
* Jesús Cabral Baixo eléctrico, contrabaixo e percusións
* Pepe Torres Clarinete, saxofón e duduk
* David Guillén Trompeta, fliscorno.
* Marcos Plada Técnico de son

Historia editar

A formación foi creada a principios do 2003. Nese mesmo ano gañaron o I Certame Internacional de Música Étnica (FIMEC) de Chiclana, así como un dos certames máis prestixiosos a nivel peninsular de música folk: o Concurso Folk “Cuartu de los Valles” de Navelgas (Asturias), celebrado en xullo do mesmo ano.

Participaron en importantes festivais de España e do estranxeiro, e colaboraron na banda sonora para o documental de Canal+ La Montañas del Lobo.

A principios do 2005 saíu á luz o seu primeiro álbum, Saltalindes, sendo preseleccionado na categoría a “mellor álbum de música tradicional” para a X Edición dos Premios da Música da Academia das Artes e as Ciencias da Música. Ese mesmo ano foron invitados a participar en “The World Performing & Visual Arts Festival Pakistan” de Lahore (Paquistán) para representar a España en tal evento cultural e musical.

Na gravación de Saltalindes contaron coa colaboración de músicos tan recoñecidos como Vincent Molino (Radio Tarifa), Sebastián Rubio (La Musgaña e Radio Tarifa) e Manuel Mateo (Lombarda).

No 2007 foron proclamados gañadores do Proxecto Runas '07, dentro do Festival de Ortigueira.

Recentemente sacaron á luz o seu novo traballo, La Lunas de Astarté.

Discografía editar

Álbums editar

* Saltalindes (2005)
* La Lunas de Astarté (2007)

Ligazóns externas editar