La Candelaria

localidade de Bogotá

La Candelaria é a localidade número 17 do Distrito Capital de Bogotá, capital de Colombia. Atópase no centro oriente da cidade de Bogotá. Abrangue o centro histórico de Bogotá. Alí fundouse a cidade o 6 de agosto de 1538 e construíuse a primeira igrexa. Alberga a Praza de Bolívar, que ten no seu costado oriental a Catedral Primada de Colombia. É ademais un importante centro turístico, educativo e comercial.

Modelo:Xeografía políticaLa Candelaria
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 4°35′30″N 74°04′27″O / 4.5917, -74.0741Coordenadas: 4°35′30″N 74°04′27″O / 4.5917, -74.0741
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca
CidadeBogotá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie2,06 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.600 m Editar o valor em Wikidata
Monumento nacional de Colombia

Páxina weblacandelaria.gov.co Editar o valor em Wikidata
La Candelaria.

Historia editar

Teusaquillo (hoxe o Chorro de Quevedo) era un lugar de descanso do gobernante muisca chamado zipa. Crese que neste lugar Gonzalo Jiménez de Quesada fundou, o 6 de agosto de 1538 o que se convertería na Cidade de Bogotá. A localidade, toma o nome da igrexa da Candelaria (do mesmo xeito que o barrio, o cal se empeza a conformar dende 1960).[1]

En abril de 1539 desenvólvese a fundación formal na actual Praza de Bolívar. Alí faise o trazado orixinal da cidade estabelecéndose a Praza Maior e o lugar da igrexa principal, que máis adiante viría sendo a Catedral Primada de Bogotá.

 
Casas na zona alta da Candelaria.

Barrios editar

Os barrios da localidade son La Catedral, La Concordia, Las Aguas, Centro Administrativo, Egipto, Belén e Santa Bárbara.

No interior destes mesmos barrios atópanse dous importantes conxuntos residenciais que albergan un tamaño de poboación equivalente á maior parte dos seus barrios.

Notas editar

  1. "La Candelarien del siglo XX". Fondo de Cultura Económica (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar