La Bordeta, Barcelona

La Bordeta é un barrio do distrito de Sants-Montjuïc da cidade de Barcelona. O barrio está situado entre o barrio de Sants e L'Hospitalet de Llobregat, na parte baixa do antigo municipio de Sants. Era unha zona mixta de vivendas e pequenos talleres industriais, sen contar a antiga fábrica de Joan Batlló, coñecida como Can Batlló.

Modelo:Xeografía políticaLa Bordeta, Barcelona
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°22′14″N 2°08′14″L / 41.370494, 2.137097Coordenadas: 41°22′14″N 2°08′14″L / 41.370494, 2.137097
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirSants-Montjuïc Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación19.451 (2021) Editar o valor em Wikidata (33.710,57 hab./km²)
Xeografía
Superficie57,7 ha Editar o valor em Wikidata

La Bordeta naceu dun antigo edificio no pé do camiño e ao lado da Riera Blanca, que no século XVI servía de hostal. O barrio acolleu a primeira chegada de obreiros indutriais cando a cidade comezou a primeira industrialización.

Nos últimos anos estase a desenvolver un importante proceso de reurbanización da Praza Cerdà e os seus arredores. Estas transformacións foron criticadas desde varias asociacións de veciños e veciñas da zona.

Lugares de interese editar

Un dos espazons máis característicos do barrio é o conxunto industrial de Can Batlló. Establecido no último cuarto do século XIX, foi a sede da fábrica téxtil de Can Mangala ata a súa transformación, a partir de 1964, nun peculiar modelo de agrupación de pequenas e medianas industrias e talleres nun espazo común.

A parroquia de Sant Medir, construída en 1949 a carón de Can Batllí, foi desde entón un dos principais centros de actividade social e cultural do barrio. Converteuse nun polo dinamizador político e social con proxección ata Sants, Hostafrancs e outros barrios da zona, ademais dun dos berces da política clandestina da cidade e do país durante a posguerra e o final do franquismo. Unha mostra máis da vertente social impulsada desde a parroquia foi a constitución dunha cooperativa para a construción de vivendas sociais, inauguradas en 1957. Hai que salientar tamén no eido cultural a concesión do Premio Amadeu Oller de poesía, entregado pola parroquia desde 1965 a poetas inéditos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar