La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento

institución cultural galega

La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento foi unha institución cultural fundada en 1896 na Coruña.

La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento
Tipoinstitución cultural
Data de fundación1896
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Constituíuse a finais de 1896 e xurdiu coa finalidade de "favorecer el desarrollo de las ideas librepensadoras, difundiendo la instrucción integral y laica". Foi impulsada por elementos republicanos como Eduardo López Budén e José Arias Díaz e simpatizantes anarquistas. Sostivo unha escola laica vencellada á figura do mestre racionalista Constancio Romeo de 1898 a 1922. A escola foi pechada en 1909 por mor da Semana Tráxica de Barcelona, mais abriu pouco despois co nome de Colexio Laico Froebel.[1]

Na II República tiveron moito eco os actos anticlericais e a prol da incautación dos bens das Ordes relixiosas organizados conxuntamente co Centro de Estudios Sociales Germinal.

Notas editar

  1. Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar