La Antorcha foi un periódico editado en Cedeira entre 1930 e 1931.

La Antorcha
LocalidadeCedeira
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Decenario defensor de los intereses generales de la comarca cedeiresa, apareceu o 25 de maio de 1930.[1] Publicábase os días 5, 15 e 25 de cada mes. Foi órgano dos agrarios cedeireses. Entre os seus colaboradores figurou Francisco Cabo Pastor. O último número conservado é o 42, que corresponde ao 22 de xullo de 1931.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 24-5-1930, p. 8.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar