La Aldea de San Nicolás

La Aldea de San Nicolás, ata 2005 denominada San Nicolás de Tolentino, é un municipio español pertencente á provincia das Palmas, nas illas Canarias. Está situado ao oeste da illa de Gran Canaria. A capital municipal chámase La Aldea de San Nicolás de Tolentino, aínda que os aldeáns coñécena popularmente como La Aldea.

Modelo:Xeografía políticaLa Aldea de San Nicolás
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 27°58′57″N 15°46′48″O / 27.982605, -15.779908Coordenadas: 27°58′57″N 15°46′48″O / 27.982605, -15.779908
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaLas Palmas Editar o valor em Wikidata
CapitalLa Aldea de San Nicolás (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación7.506 (2023) Editar o valor em Wikidata (60,74 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie123,58 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude33 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJose Miguel Rodriguez Rodriguez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35470 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE35020 Editar o valor em Wikidata

Páxina webla-aldea.com Editar o valor em Wikidata

O punto máis elevado do municipio é a montaña de Inagua, con máis de 1.300 metros de altura.

Polo Acordo de 28 de xullo de 2005 do Cabido Insular de Gran Canaria, publicado no Boletín Oficial da Provincia das Palmas nº136 de 24 de outubro de 2005, aprobouse cambiar o nome do municipio de San Nicolás de Tolentino a La Aldea de San Nicolás.

Localidades editar

 
Praia de La Aldea

Artejevez, Barranquillo hondo, Casco, Castañeta, Cercadillos, El Albercón, El Cruce, El Hoyo, El Pinillo, El Polvorín, El Ribanzo, El Taharalillo, Jerez, La Cardonera, La Cruz, La Hoyita, La Ladera, La Playa, Ladera del Palomar, Las Marciegas, Las Tabladas, Lomo del Carmen, Los Cardones, Los Caserones, Los Espinos, Los Pasitos, Mederos, Molino de Agua, Molino de Viento, Tasarte, Tasartico e Tocodomán.

Lugares de interese editar

  • Sitio arqueolóxico de Los Caserones
  • El Charco (Praia de San Nicolás)
  • Muíño de La Ladera
  • Varias casas de Patrimonio Histórico Cultural no casco do pobo
  • O Peirao Vello
  • Praia de Güi-Güi
  • Cactualdea

Festas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar