Unha LAN party ou Festa LAN é un evento que reúne a un grupo de persoas cos seus computadores para xogar, compartir e intercambiar información, ademais de poder chegar a coñecer xente, facer amigos e aprender doutras persoas sobre tecnoloxía.

O nome tomase da forma en como se interconectan os computadores: mediante unha rede de área local (LAN), o que lles permite intercambiar datos a altas velocidades. Hai diferentes variantes de LAN, principalmente inalámbricas e cableadas. Neste tipo de eventos xeralmente as conexións son por medio de redes cableadas pois obtense moita máis velocidade e rendemento e evítanse as interferencias propias das redes inalámbricas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar