L.A.R. Legido
Luis Alberto Rodríguez Legido, nado en Castromonte (provincia de Valladolid) o 23 de xuño de 1975, é un músico, investigador sonoro e profesor de batería español. Dá clases de expresión rítmica e improvisación na Escola-Estudio de Música, en Santiago de Compostela.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xuño de 1975 (48 anos) Castromonte, España (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Xénero artístico | Música experimental, Jazz e free improvisation (en) |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Batería |
Páxina web | soundcloud.com… |
Traxectoria editar
Durante a década de 1990 formouse en Madrid no Taller de Músicos e no CEDI, onde realiza estudos sobre análise do son, fisioloxía do oído, orixe da linguaxe, arte e ciencia do século XX e teoría da improvisación con profesores e artistas como Pedro López, Markus Breuss, Belma Muñor e Wade Matthews.
A partir de 1998 trasládase a Santiago de Compostela a raíz dunha oferta estábel como profesor titular da Estudio-Escola de Música. Ese ano recibe unha bolsa da Berkelee College of Music de Boston para facer o curso de World Percussion e é selecionado para o X Jazz Meeting organizado pola International Association of Schools of Jazz.
Nos anos posteriores traballa con diversas formacións como ADN, S.E.M Big Band, Abe Rábade Trío ou Xosé Manuel Budiño, realizando numerosos concertos en diversos festivais estatais e europeos. Traballa como batería para a artista galega Mercedes Peón realizando concertos tanto a nivel nacional como internacional. En 1999 forma o grupo de improvisación libre Parto.
Segue a participar en gran cantidade de iniciativas artísticas: traballa a improvisación idiomática co trío de jazz Sumrrá, co que ten editado dous traballos discográficos e colaborado con formacións como Marful, co grupo flamenco do guitarrista Marcos Teira, o grupo de improvisación e jazz 2M xunto ao saxofón alto Pablo Sax ou como membro de O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galicia)[2].
Notas editar
- ↑ LAR Legido na web de Escola Estudio (en castelán).
- ↑ LAR Legido Arquivado 03 de xullo de 2016 en Wayback Machine., en Aquófono (en castelán)
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Ron, Xesús e Valera, Patxi (eds.) (2011): De Parto a Omega. 10 anos de improvisación libre. Santiago de Compostela, Grupo Chévere.