O láudano[1] (do latín antigo abdanum, este do latín ladănvm / ladanu, e á súa vez do grego antigo λάδανον) é unha tintura de opio preparada por primeira vez por Paracelso.[2]

Láudano
Composto de opiáceos xunto con azafrán, canela, viño etc.
Datos clínicos
Grupo farmacolóxicoOpiáceos (morfina e codeína)
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Historia editar

Durante séculos foi vendido legalmente[3]; na España dos anos 1920 era vendido como fórmula maxistral e láudano de Sydenham. Este fora comercializado por Thomas Sydenham, ademais do extracto alcohólico de opio, contén tintura de azafrán e esencias de canela e cravo. No século XVIII tamén tiña sido formulado por Rousseau, que era médico persoal de Lois XIV de Francia.

Foi moi utilizado no século XIX como analxésico.

Principio activo e usos editar

Utilizábase para diminuír calquera tipo de dor e tamén contra a diarrea (receita que aínda se utiliza nalgúns casos). O seu ingrediente activo é a morfina, pero tamén contén codeína e narcotina[4]; este último non ten propiedades narcóticas e, en cambio, é antitusivo e tamén provoca molestias estomacais e vómitos.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para láudano.
  2. "Pipa para opio". historia.nationalgeographic.com.es (en castelán). 2013-11-08. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-30. 
  3. "El_nectar_divino_de_la_amapola_El_laudano_y_su_relacion_con_el_Circulo_Diodati_y_los_prerrafaelitas". Researchgate.net; Publicacións; C2 Ciencia e Cultura (en castelán). 
  4. "Narcotina". Dicio (en portugués). Consultado o 2023-01-30. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar