Kyle Singler

baloncestista estadounidense

Kyle Edward Singler, nado en Medford, Oregón, o 4 de maio de 1988, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Kyle Singler
Información persoal
Nacemento 4 de maio de 1988 (35 anos)
Oregón Medford, Oregón
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Instituto South Medford
(Medford, Oregón)
Universidade Duke (2007–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 33
Por Detroit Pistons
Carreira dende 2011
Historial de equipos
CB Lucentum Alicante (2011)
Real Madrid (2011–2012)
Detroit Pistons (2012–2015)
Oklahoma City Thunder (2015–2018)
Obradoiro (2018–2019)
Canarias (2019)

Traxectoria profesional editar

Singler foi elixido na 33ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Detroit Pistons.[1] En agosto de 2011, asinou polo CB Lucentum Alicante ata o remate do lockout da NBA de 2011.[2]

No seu debut na Liga ACB, gañou o premio ó mellor xogador da primeira xornada con 23 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias. En dez partidos co Lucentum Alicante, Singler axudou a gañar 7 partidos, acadando 14.4 puntos, 3.4 rebotes e 1.1 roubos por encontro, liderando ó equipo en anotación.

Tras o remate do lockout, Singler escolleu a súa opción de deixar o club, e elixiu fichar polo Real Madrid tras un acordo entre os dous equipos.[3] Singler axudou ó Real Madrid a gañar a Copa do Rei na tempada 2011-12, tras vencer ó FC Barcelona.[4]

O 11 de xullo de 2012, Singler asinou un contrato de varios anos cos Detroit Pistons.[5] Ó remate da tempada 2012-13, foi incluído no segundo mellor equipo de rookies da NBA tras facer 8.8 puntos e 4.0 rebotes por encontro en 82 partidos.

O 19 de febreiro de 2015, Singler foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre os Pistons, os Thunder e os Utah Jazz.[6]

O 30 de setembro de 2018, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada co Obradoiro CAB da Liga ACB.[7]

O 27 de xullo de 2019, Singler asinou un contrato por unha tempada co Iberostar Tenerife da Liga ACB.[8] O 17 de outubro de 2019, Singler e o Canarias acordaron a rescisión do contrato despois da decisión do xogador de deixar o baloncesto en activo por motivos persoais.[9]

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2011. Consultado o 05 de setembro de 2018. 
  2. "Lucentum Alicante announces rookie Kyle Singler". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2012. Consultado o 16 de maio de 2013. 
  3. "Lucentum Alicante traspasa los derechos de Kyle Singler al Real Madrid". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2014. Consultado o 16 de maio de 2013. 
  4. "Singler and Pocius help Real Madrid to Copa del Rey title". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2014. Consultado o 16 de maio de 2013. 
  5. Detroit Pistons Sign Forward Kyle Singler
  6. "Thunder Acquires Kanter, Novak, Augustin, Singler and Draft Pick". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 20 de febreiro de 2015. 
  7. "El Monbus Obradoiro ficha a Kyle Singler". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 30 de setembro de 2018. 
  8. El Iberostar Tenerife ficha a Kyle Singler
  9. El CB Canarias y Kyle Singler acuerdan su desvinculación

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar