Kyle Kuzma

baloncestista estadounidense

Kyle Alexander Kuzma, nado o 24 de xullo de 1995 en Flint, Míchigan, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA).

Kyle Kuzma
Washington Wizards – No. 33
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 24 de xullo de 1995 (28 anos)
Flint, Míchigan
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Instituto Bentley (Burton, Míchigan)
Universidade Utah (2014–2017)
NBA Draft 2017 / Rolda: 1 / Elección: 27
Por Brooklyn Nets
Carreira dende 2017
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (2017–2021)
Washington Wizards (2021–presente)

Traxectoria profesional editar

O 22 de xuño de 2017, Kuzma foi seleccionado na 27ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Brooklyn Nets. Ese mesmo día foi traspasado ós Los Angeles Lakers xunto a Brook Lopez, a cambio de D'Angelo Russell e Timofey Mozgov.[1] O 3 de xullo de 2017, Kuzma asinou o seu contrato de rookie cos Lakers.[2]

O 6 de agosto de 2021, Kuzma foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre cinco equipos que mandou a Russell Westbrook ós Los Angeles Lakers.[3]

Notas editar

  1. "Brooklyn Nets acquire D'Angelo Russell and Timofey Mozgov from L.A. Lakers". NBA.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 22 de xuño de 2017. 
  2. "Lakers Sign Ball, Kuzma and Hart". NBA.com. 3 de xullo de 2017. Consultado o 4 de xullo de 2017. 
  3. "Washington acquires six players in five-team trade". NBA.com. 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar