Kyle Guy

baloncestista estadounidense

Kyle Joseph Guy, nado o 11 de agosto de 1997 en Indianapolis, Indiana, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Lenovo Tenerife da Liga ACB. Mide 1,85 metros de altura, e xoga na posición de escolta.

Kyle Guy
Lenovo Tenerife  – No. 3
Información persoal
Nacemento 11 de agosto de 1997 (26 anos)
Indianapolis, Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 76 kg (167 lb)
Posición Escolta
Información da carreira
Instituto Lawrence Central (Indiana)
Universidade Virginia (2016–2019)
NBA Draft 2019 / Rolda: 2 / Elección: 55
Por New York Knicks
Carreira 2019−presente
Historial de equipos
Sacramento Kings (2019–2021)
Stockton Kings (2019–2020)
Cleveland Charge (2021)
Miami Heat (2021–2022)
Sioux Falls Skyforce (2022)
Cleveland Charge (2022)
Joventut Badalona (2022–2023)
Panathinaikos (2023–2024)
CB Canarias (2024–presente)

Traxectoria profesional editar

Guy foi elixido na 55ª posición do Draft da NBA de 2019 polos New York Knicks antes de ser traspasado ós Sacramento Kings.[1] Asinou un contrato cos Kings o 7 de xullo de 2019.[2] Guy debutou na NBA o 10 de xaneiro de 2020 contra os Milwaukee Bucks.[3]

O 30 de decembro de 2021, Guy asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.[4] O 10 de xaneiro de 2022, asinou un segundo contrato de dez días cos Heat.[5] O 17 de xaneiro de 2022, asinou un contrato cos Heat e o seu afiliado na NBA G League, os Sioux Falls Skyforce.[6] O 24 de marzo de 2022, foi cortado polos Heat.[7]

O 22 de xullo de 2022, Guy asinou por unha tempada co Joventut Badalona da Liga ACB.[8]

Notas editar

  1. "Knicks Acquire Draft Rights to Ignas Brazdeikis". NBA.com. 20 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  2. "Kings Sign Kyle Guy to a Two-Way Contract". NBA.com. 7 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  3. Singh, Sanjesh (10 de xaneiro de 2020). "Bucks 127, Kings 106: Slowed down Giannis, but not the rest of the herd". SacTown Royalty. Consultado o 11 de xaneiro de 2020. 
  4. "Heat Sign Kyle Guy And Aric Holman". NBA.com. 30 de decembro de 2021. Consultado o 31 de decembro de 2021. 
  5. "Heat re-sign Kyle Guy and Chris Silva". NBA.com. 10 de xaneiro de 2022. Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  6. "(1) Miami HEAT on Twitter: "OFFICIAL: The Miami HEAT have signed Kyle Guy to a two-way contract.". Twitter. 17 de xaneiro de 2022. Consultado o 17 de xaneiro de 2022. 
  7. "Heat sign Mychal Mulder to 10-day contract, waive Kyle Guy". HoopsHype.com. 24 de marzo de 2022. Consultado o 24 de marzo de 2022. 
  8. "Kyle Guy: un francotirador de máxima precisión para el Joventut". ACB.com. 22 de xullo de 2022. Consultado o 22 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar