Kussar ou Kussara é unha cidade hitita da Antigüidade, cuxos reis fundaron o primeiro gran reino anatolio na Idade de Bronce.

A localización de Kussar está suxeita a debate, xa que aínda non se atopou a localización da cidade. Hai un certo acordo xeral de situala en Anatolia central, en pleno país hitita, cara ao sur do río Kizil Irmak, pero se cadra estivo situada máis ao leste, na rexión da actual Divrigi.

O primeiro rei desta cidade que coñecemos é Pithanas. No final do período das colonias comerciais asirias en Capadocia (sobre -1800), apodérase da vila de Nesha/Kanesh. O seu fillo Anittas fai desta cidade a súa capital, tal e como o testemuña unha punta de lanza co seu nome atopada no palacio de Kanesh. Agrandou considerabelmente o seu Imperio, especialmente ao apoderarse de Hattusha, a capital du reino de Hatti. A continuación da historia deste reino énos descoñecida. A destrución de Kanesh pouco tempo despois da morte de Anitta (ou mesmo durante o seu reinado) parece amosar un debilitamento rápido deste Estado, quizais debido ás ofensivas de reinos como o de Zalpa, ao norte, ou dos Hurritas, ao sueste.

O feito de que Hattusilis I, fundador do primeiro reino hitita, se diga descendente dos reis de Kussar confirma que este reino foi un precursor do grande imperio anatolio que domina a rexión durante os séculos seguintes.