Kurt Weill

compositor alemán

Kurt Julian Weill, nado en Dessau o 2 de marzo de 1900 e finado en Nova York o 3 de abril de 1950, foi un compositor alemán.

Infotaula de personaKurt Weill

(1932) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Kurt Julian Weill Editar o valor em Wikidata
2 de marzo de 1900 Editar o valor em Wikidata
Dessau, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte3 de abril de 1950 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaMount Repose Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaKleinmachnow (1932–1933)
Dessau Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade das Artes de Berlim (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor , director de orquestra , pedagogo , compositor de bandas sonoras Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoÓpera, Sinfonía e ballet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFerruccio Busoni (pt) Traducir e Engelbert Humperdinck (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosNíkos Skalkótas (pt) Traducir e Rio Gebhardt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLotte Lenya (1937–1950)
Lotte Lenya (1926–1933) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webkwf.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0918044 Allocine: 40665 Allmovie: p116248 IBDB: 7112
Musicbrainz: 0e738f68-783c-4a6a-80ae-4f7500861060 Songkick: 168824 Discogs: 407111 IMSLP: Category:Weill,_Kurt Allmusic: mn0000683446 WikiTree: Weill-76 Find a Grave: 1086 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Procedía dunha familia xudía, seu pai era cantor nunha sinagoga. Estudou composición musical no Conservatorio de Berlín con Ferruccio Busoni, e compuxo a súa primeira sinfonía influído polo ampuloso estilo expresionista de moda naquela época.

Tivo certo éxito coas súas primeiras obras, e tendeu cara á música instrumental e o teatro musical. En 1925 compuxo Der Neue Orpheus, unha cantata para soprano, violín, e orquestra baseada nun poema de Iwan Goll, que prefigurou a variedade estilística e a ambigüidade provocativa típicas do seu estilo compositivo. En 1926 estreou en Dresde a súa primeira ópera, Der Protagonist, nun só acto e con libreto de Georg Kaiser. A estética moderna fíxose máis evidente na ópera surrealista dun só acto Royal Palace (1926), tamén con libreto de Iwan Goll, que incluía danza e unha proxección cinematográfica. En 1927 compuxo a ópera bufa Der Zar lässt sich photographieren, con libreto de Georg Kaiser.

Entre 1927 e 1928 compuxo xunto a Bertolt Brecht A ópera dos tres reás (Die Dreigroschenoper), unha versión actualizada dunha ópera inglesa do século XVIII, The Beggar's Opera. Contén unha feroz crítica social, expresada por medio dunha música composta para unha orquestina de cabaré e cantada por actores que non son cantantes profesionais. Dous anos despois desenvolveu este estilo en Aufstieg und Fall der Stadt Mahagonny, outra sátira social de Brecht, co que Weill tamén colaborou en Happy End, de 1929.

Porén, Weill buscou outras colaboracións por mor das restricións de Brecht ao papel da música no seu teatro político. O escenógrafo Caspar Neher escribiu o libreto da ópera épica en tres actos Die Bürgschaft (1931), e volveu colaborar con Georg Kaiser na comedia musical Der Silbersee (1932).

A súa música foi catalogada como decadente polas autoridades do partido nazi. Provocaron alborotos durante as súas representacións e organizaron campañas de boicot para disuadir a montaxe das súas obras. Esta situación obrigou a Weill e á súa esposa, a cantante Lotte Lenya, a abandonar Alemaña en marzo de 1933, establecéndose en París.

Reanudó a colaboración con Brecht para Die sieben Todsünden, un "ballet cantado" para a compañía de George Balanchine. Tamén escribiu a música para a obra de Jacques Deval Marie galante e rematou a súa segunda sinfonía, oposta á primeira pola súa claridade ao estilo de Haydn e a súa economía de medios.

 
Lotte Lenya, a súa muller.

En setembro de 1935 viaxou aos EUA para supervisar a montaxe de Max Reinhardt da obra épica de Franz Werfel Der Weg der Verheissung, para a que Weill escrira a música. Logo de moitos atrasos, estreouse parcialmente truncada en 1937. Entre tanto, o Group Theatre recrutou a Weill para colaborar co libretista Paul Green no musical Johnny Johnson, baseado libremente na novela Osudy dobrého vojáka Švejka za světové války de Jaroslav Hašek. A súa música, se ben aínda se recoñecía como "europea", foi un éxito e consolidou a Weill no panorama musical norteamericano. Animado polo triunfo, e convencido de que o teatro comercial ofrecía máis posibilidades que a ópera tradicional, Weill e Lenya decidiron quedar nos Estados Unidos e solicitar a nacionalidade estadounidense, que obtiveron en 1943.

Durante os anos seguintes compuxo musicais como Knickerbocker Holiday (1938), que foi un éxito relativo pero que consagrou a "September Song". Outras obras foron Lady in the Dark (1941, con letras de Ira Gershwin), One Touch of Venus (1943), Street Scene (1947), Love Life (1948) e Lost in the Stars (1949).

Weill morreu dun ataque ao corazón cando preparaba unha versión musical de Huckleberry Finn de Mark Twain.