Kunya-Urgench (Vella-Urgench) era a antiga capital do estado de Corasmia, actualmente dentro de Turkmenistán, na provincia de Daşoguz. Urgench, en persa Gurgandj, en árabe Jurjâniya, deu seguramente o seu nome ao organdí.

Kunya-Urgench
Mausoleo do Sultán Tekesh
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Turkmenistán
Localización43°23′18″N 59°16′14″L / 43.38833, -59.27056
TipoCultural
CriteriosII, III
Inscrición2005 (29ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador1199
Minarete de Kutlug Timur.

Presérvanse varios monumentos en Kunya-Urgench, os mausoleos de Fahrad-din Razi (século XIII), Tekesh Khorezmshakh (século XIII) e Turabek-khanum Kala (século XIV); a fortaleza de Ak-Kala e o minarete da mesquita (con 62 metros de altura), son exemplos da escola de arquitectura e construción urgench.

No ano 2005, as ruínas de Kunya-Urgench foron inscritas como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Foi devastada en 1220 polos mongois de Xenxis Kan, logo foi abandonada a causa do cambio do curso do río Amu Daria; e a moderna Urgench renaceu a uns 150 km da antiga, no actual Uzbekistán.

Véxase tamén editar