Kubuntu

derivación oficial do sistema operativo Ubuntu

Kubuntu é unha derivación oficial do sistema operativo Ubuntu, pero con KDE como contorno de escritorio.

Kubuntu
Kubuntu-logo-lucid
DesenvolvedorCanonical Ltd.
Familia de S.O.Linux
Lanzamento8 de abril de 2005
Modelo de desenvolvementoSoftware libre
NúcleoLinux
Tipo de núcleoMonolítico
Última versión estable22.04 (Jammy Jellyfish) 21 de abril de 2022
Estado actualEn desenvolvemento
Sitio webwww.kubuntu.org
Kubuntu904.PNG

Tal como se explica no sitio web de Kubuntu na wiki de Ubuntu: "O proxecto Kubuntu quere ser para KDE o que Ubuntu é para GNOME: Un sistema operativo integrado con tódalas características de Ubuntu, pero baseado no entorno de escritorio KDE. As novas versións de Kubuntu saen de maneira regular e predecible; faise unha nova versión cada vez que sae unha actualización de KDE".

Tódolos paquetes comparten os mesmos arquivos que Ubuntu.

Existen liveCD e CD de instalación para plataformas X86, PowerPC e AMD64. Tamén hai versións diarias dos CD.

Historia editar

Para poder centrarse en solucionar rapidamente os erros, conflitos de paquetes etc. decidiuse en Ubuntu eliminar certos paquetes do compoñente main, ben por non seren populares ben escollidos de forma arbitraria por gusto ou polas súas bases de apoio ao software libre.

Por tales motivos inicialmente KDE non contaba con máis soporte do que entregaban os mantedores de Debian nos seus repositorios, razón pola que a comunidade de KDE uniuse para distribuír a distro coñecida co nome de Kubuntu.

Lanzamentos editar

Cada lanzamento ten un nome en código composto por un adxectivo e o nome dun animal que comezan pola mesma letra e un número de versión baseado no ano e mes en que se remata (normalmente, cada seis meses):

Versión Data do lanzamento Nome en código
4.10 20 de outubro de 2004 Warty Warthog
5.04 8 de abril de 2005 Hoary Hedgehog
5.10 13 de outubro de 2005 Breezy Badger
6.06 LTS 1 de xuño de 2006 Dapper Drake
6.10 26 de outubro de 2006 Edgy Eft
7.04 19 de abril de 2007 Feisty Fawn

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar