Kosovo do Norte (en serbio: Северно Косово, Severno Kosovo; en albanés: Kosova Veriore) é a denominación non oficial dunha rexión situada ao norte de Kosovo,[1] e que está habitada principalmente por persoas de etnia serbia, a diferenza do resto do territorio, que posúe na súa gran maioría poboación de orixe albanesa. A zona tamén se coñece como Ibarski Kolašin (albanés: Kollashini i Ibrit), un topónimo que precede á partición política.[2][3]

Modelo:Xeografía políticaKosovo do Norte
Северно Косово / Severno Kosovo (sr)
Kosova Veriore (sq) Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°06′14″N 20°48′10″L / 43.1039, 20.8028Coordenadas: 43°06′14″N 20°48′10″L / 43.1039, 20.8028
CapitalMitrovica Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación79.910 Editar o valor em Wikidata (79.354,52 hab./km²)
Lingua oficiallingua serbia
lingua albanesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie1,007 km² Editar o valor em Wikidata
MoedaDinar serbio Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Kosovo do Norte comprende principalmente os municipios de Leposavić, Zvečan e Zubin Potok e parte do territorio de Kosovska Mitrovica situado ao norte do río Ibar. A súa principal cidade es Kosovska Mitrovica, que está dividida entre ambos os grupos étnicos. Contén a maior proporción de serbios dentro de Kosovo, territorio disputado que declarou a súa independencia sen ser recoñecido por Serbia, que reclama a soberanía sobre o mesmo. Debido, entre outras moitas razóns de natureza política, económica, social, cultural etc., ademais da xeográfica, no sentido de que é o único territorio con maioría serbia contigua a este país, funciona con estruturas políticas paralelas dependentes do goberno de Belgrado e non recoñece ás instaladas por Pristina. As autoridades de orixe serbia coordínanse a través da Asemblea Comunitaria de Kosovo e Metohija.[4] A policía, en tanto, segue a cargo das forzas multinacionais de EULEX e KFOR.

A pesar do estancamento do proceso do status de Kosovo, en repetidas ocasións demandouse a formalización da partición como unha solución permanente.[5][6]

Historia editar

 
A ponte de Austerlitz sobre o río Ibar en Kosovska Mitrovica, que divide a cidade nas zonas serbia e albanesa, e que serve tamén como fronteira entre Kosovo do Norte e o resto do país. Na imaxe, o posto de observación da KFOR que controla o acceso entre ambas as zonas.

Despois da declaración de independencia que proclamou a República de Kosovo o 17 de febreiro de 2008, maioritariamente de etnia albanesa, Kosovo do Norte mantívose baixo administración da República de Serbia e non recoñeceu a autoproclamación do novo Estado. Na actualidade, Kosovo do Norte mantense baixo disputa por ambos os gobernos e, aínda que ambos rexeitan a partición da rexión, algíns políticos lanzaron diita posibilidade como forma de superar o conflito serbio-kosovar.[7] Pouco antes da declaración de independencia albanokosovar, representantes de Kosovo do Norte declararon que se Kosovo proclamaba a súa independencia, Kosovo do Norte tamén o faría.[3]

A declaración de independencia, aínda que non motivou a proclamación de secesión, si que xerou o nacemento de organismos locais para administrar o territorio naqueles lugares onde non se recoñeceu ao goberno da nova República (o goberno de Pristina)). Así, o 11 de maio de 2008 creouse a Asemblea Comunitaria de Kosovo e Metohija, organismo que representa e coordina ás diversas comunidades serbias no territorio de Kosovo, incluíndo a representantes dos municipios de Kosovo do Norte.

En maio de 2010 celebráronse eleccións en diversas partes de Kosovo para elxir representantes locais da comunidade serbia. En dita oportunidade producíronse diversos enfrontamentos na ponte que divide a cidade de Kosovska Mitrovica, con manifestantes albaneses que protestaban contra esa convocatoria, polo que deberon intervir tropas de KFOR e EULEX.[8] Ese mesmo ano, as eleccións parlamentarias do goberno kosovar foron amplamente boicoteadas pola comunidade serbia, rexistrándose moi poucos votos no sector de Kosovo do Norte.[9]

Xeografía editar

 
Mapa étnico de Kosovo contra 2005.

Aínda que non existe unha definición precisa de Kosovo do Norte, usualmente considérase o territorio correspondiente aos municipios de Leposavić, Zvečan e Zubin Potok máis o sector ao norte do río Ibar na municipalidade de Kosovska Mitrovica, todas situadas no distrito de Mitrovica.

Os tres municipios anteriores considerados parte de Kosovo do Norte teñen unha superficie de 1.189 km²; e sumando o territorio ao norte do Ibar en Kosovska Mitrovica, totaliza cerca de 1.200 km², un 11,1 % aproximadamente do territorio total de Kosovo.

Leposavić 750 km²
Zvečan 335 km²
Zubin Potok 104 km²
Parte de Kosovska Mitrovica 11 km²
Total 1.200 km²

Demografía editar

No ano 2006, a poboación dos tres municipios de Leposavić, Zvečan e Zubin Potok estimábase en 46.000 habitantes, dos cales o 95,5 % eran serbios, o 3 % albaneses e o restante 1,5 % estaba constituído por outras etnias.

Economía editar

A economía da rexión foi devastada pola guerra: en 2006, a taxa de desemprego alcanzara o 77 % no municipio de Kosovska Mitrovica. O maior polo industrial é o complexo mineiro de Trepca, en Zvečan, composto por 40 minas e plantas de produción dunha gama de metais como zinc, chumbo, cadmio e prata.[10] O complexo empregaba a 4.000 persoas a pleno funcionamento, pero foi pechaso pola UNMIK en agosto de 2000 debido ao seu alto índice de contaminación ambiental.[11] Os plans para a súa reapertura xurdidos desde 2002 non culminaron na reactivación de ningunha da súas actividades.

A situación económica deteriorouse significativamente nos últimos anos debido á falta de investimento de capital, agravada pola incerteza causada pola disputa política sobre o futuro da rexión. Gran parte da comunidade serbia utiliza o dinar serbio, en lugar do euro, moeda de curso legal en Kosovo.[12]

Notas editar

  1. Kosovo é obxecto dunha disputa territorial entre a República de Serbia e a autoproclamada República de Kosovo. Por un lado, as institucións provisionais de autoxestión kosovares unilateralmente declararon a independencia o 17 de febreiro de 2008, mentres que, por outro, Serbia afirma que dita provincia aínda forma parte do seu propio territorio. Kosovo foi recoñecido por 72 dos 192 Estados membros da Organización das Nacións Unidas.
  2. Lutovac, Milisav V. Ibarski Kolašin antropogeografska ispitivanja Arquivado 27 de xuño de 2011 en Wayback Machine. Naučna knjiga, 1954.
  3. 3,0 3,1 Dusan T. Batakovic CANTONIZATION OF KOSOVO-METOHIJA Arquivado 17 de novembro de 2011 en Wayback Machine. Consultado o 17/12/2011.
  4. "Tensión en Kosovo por la visita del serbio Tadic". El Periódico de Aragón (en castelán). 2008-04-28. Consultado o 2022-04-16. 
  5. BBC News Kosovo partition 'on the table' Consultada o 18/12/2011.
  6. Serbia Plays Kosovo Partition Card Arquivado 05 de setembro de 2012 en Wayback Machine. Consultada o 18/12/2011.
  7. Vasovic, Aleksandar (19 de abril de 2007). "Serbia plays Kosovo partition card". Balkan Insight (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2012. Consultado o 18/12/2011. 
  8. El País (30 de maio de 2010). "La OTAN interviene ante el aumento de la tensión entre albaneses y serbios en Mitrovica". Consultado o 18/12/2011. 
  9. SETimes.com (14 de decembro de 2010). "Voter fraud suspected in two Kosovo districts" (en inglés). Consultado o 18/12/2011. 
  10. BBC News Analysis: Battle for Kosovo's mines Consultads o 18/12/2011.
  11. UNMIK Online Trepca's future: commercialization by end-2002 Arquivado 21 de xuño de 2007 en Wayback Machine. Consultada o 18/12/2011.
  12. The World Factbook Kosovo Arquivado 01 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Consultada o 18/12/2011.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar