Kosmos 26

Satélite artificial soviético.

Kosmos 26 (Космос 26 en ruso), tamén denominado DS-MG N°1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 18 de marzo de 1964 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.[2][4]

Kosmos 26
TipoObservación terrestre / demostrador tecnolóxico.
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento18 de marzo de 1964, 15:07 GMT[1][2][3]
Foguete portadorKosmos[2][4]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónProba de sistemas de orientación eléctricos no espazo e estudo da magnetosfera terrestre.[2]
Decaemento28 de abril de 1964[1]
NSSDC ID1964-013A
Masa365 kg[2][5]

Características editar

Kosmos 26 foi o primeiro satélite da serie DS-MG de dous que voaron. Foi inxectado nunha órbita inicial de 403 km de apoxeo e 271 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 91,0 minutos.[3][5]

O satélite pesaba 365 kg e foi deseñado para facer probas sobre sistemas eléctricos de orientación no espazo e facer medicións da magnetosfera terrestre[2][5]. Xunto co outro satélite da serie DS-MG, Kosmos 49, Kosmos 26 supuxo a contribución da Unión Soviética ó Estudo Magnético Mundial correspondente ó programa internacional IQSY (International Quiet Sun Year)[2]. Reentrou na atmosfera o 28 de setembro de 1964.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 26" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "Cosmos 26" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 26 April 1964 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (64-09938): 2. 6 de maio de 1964. A/AC.105/INF.066. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-MG" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "DS-MG" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2012. Consultado o 17 de xullo de 2012.